Saltar ao contido principal

En Redelibros, Entrada ao xardín do saber


Xa van alá unha porrada de anos desde a nosa primeira novela. Estreabámonos en 1993 con Mar para todo o sempre, premio Carvalho Calero. Seguiríanlle a esta Os desherdados, en 2006, e O prezo da tentación, en 2008. Nunha certa medida, e tanto pola pouca dimensión e expansión do citado premio, así como o feito de logo ter publicado en Edicións Embora os posteriores títulos, a Ponte das Pías, máis que enlazar coa outra banda da ría, parece que nos ten impedido a conexión con ela e, consecuentemente, co resto de Galiza. Ben sabían disto os traballadores da vella ASTANO. Cortaren ao pé da ponte e na vía do tren e conseguiren o illamento da nosa "amadodiada" cidade, de Ferrol. Tal semella, nun certo sentido, o que a nós nos leva pasado desde hai moito tempo.

A nosa cuarta aposta narrativa longa muda, pois, de rumbo. A empresa arríscase agora a unha distribución do produto ben distinta. Nace con renovados folgos e ánimo de achar mellor acomodo e diversidade, cando menos xeográfica, entre os lectores. A Feira do libro, primeiro de Ourense e, posteriormente, a de Ferrol, supuxeron a primeira e difícil proba. A estas alturas, o balance de ambas témolo que xulgar bastante positivo, canto ao número de vendas polo menos. As presentacións de Entrada ao xardín do saber en Ferrol, Vigo e Narón déixannos boas sensacións e créannos expectativas. Desde aquí queremos aproveitar para agradecer dunha maneira especial a importante achega feita polos nosos actuais valedores. A Jose Fandiño e Nicolás Vidal, polas presentacións de Ferrol e Narón. A Ramón Nicolás, pola realizada na Libraría Cartabón de Vigo,





así como pola recensión en  http://cadernodacritica.blogaliza.org/tag/fugas/A Vicente Araguas, pola óptima acollida en  http://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2014/06/30/nordesia.pdfE a X. Lorenzo pola entrevista feita o 10 de xullo en Sermos Galiza. A todos eles, o maior e máis sentido dos nosos agradecementos. Só nos falta por desexar, finalmente, a Henrique de Sas, na súa expedición á procura de Risco e a estraña descuberta de Hildegart e Aurora Rodíguez Carballeira, a mellor das singraduras.  



En Redelibros, Entrada ao xardín do saber

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Ga...

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor

Miguel Sousa Tavares e o seu "Equador"

Capa do romance "Equador" 1.- ARGUMENTO : Luís Bernardo Valença pertence à alta burguesia lisboeta. Seu pai deixa-lhe em herança a posição de sócio principal de uma companhia de navios que fazem diferentes rotas comerciais. Estamos a falar da Companhia Insular de Navegação, encarregada de transportar cargas e passageiros entre a ilha da Madeira, as Canárias, o arquipélago dos Açores e o Cabo Verde. A vida do homem é regalada, despreocupada, entregue ele às reuniões e tertúlias com pessoas da boa sociedade lisboeta. Goza da amizade, por exemplo, de Bernardo de Pindela, conde de Arnoso, o qual faz parte do grupo de “Os Sobreviventes”, justamente em oposição ao de “Os Vencidos da Vida”, de que participava no seu momento Eça de Queiroz. Essa vida nocturna lisboeta de que o Basílio tanto se queixava (falamos do do seu romance O primo Basílio ) por falta de locais onde poder desfrutar, e que nestes se tornava todo o contrário, dispostos a extrair daquela vida capitalina...