Polémicas á marxe acerca da ideoloxía e posicionamento de Wenceslao Fernández Flórez a prol do réxime franquista, a súa singular escrita séguenos atraendo e parecendo fresca por máis anos que pasen por ela. Días atrás acababamos de ler El hombre que compró un automóvil, e debemos recoñecer que non temos máis que sensacións positivas logo de chegado á última das súas páxinas, polo que lles aconsellamos que o lean se o que queren é pasar uns felices momentos de diversión, e até con abertas gargalladas.
O humor hilarante, absurdo, tan á moda no momento e de que Wenceslao Fernández Flórez se vale, consegue verdadeiras pasaxes antolóxicas. O propio arranque da narración, un home que quere cruzar unha rúa, convertida esta nun infernal trafego de vehículos sen piedade para o peón, e que logra chegar, non sen enormes dificultades, até unha illa de cemento e que se converte na dunha sorte de Robinson Crusoe, non nos pode deixar indiferentes. Outro náufrago reside xa alí, cun farol que lles serve de punto de avistamento subindo ao alto. Ambos, mesmo chegan a presentar a posibilidade da antropofaxia, caso de non poderen saír dela.
O humor macabro, noutro dos episodios, xorde con forza. Os accidentes automobilísticos serven ao protagonista para falar acerca de como se vingou dos nenos dunha escola, porque lle levantaban dor de cabeza, lanzándose co seu coche sobre eles. Ou como diseccionou fortuitamente as pernas dunha moza, sentada á beira do camiño sobre un muro, á cal deixará abandonada sen prestar auxilio pero logo regresará para lle ofrecer casamento.
A dúbida sobre as vantaxes e desvantaxes da compra dun automóbil, o dilema ao que o somete, preséntaselle ao protagonista na narración case desde un inicio. Os capítulos fálannos de secuencias autónomas, formando unha sorte de relatos independentes, mais unidas baixo o sutil fío acerca da formulación dos pros e contras sobre a súa compra. Asistimos, e isto é de asombrar para unha época tan temperá, pois desenvólvese a acción nos anos 30 do séc.XX, a preocupación polos atascos, os ruídos, a velocidade xunto cos accidentes. Cuestiónase se o automóbil é un ben necesario e imprescindíbel para o home novo. Talvez por esa razón o capítulo final, de xorne absolutamente futurista, en que o home deixa de protagonizar o relato para séreno os vehículos, pode ser o que dea co punto crítico acerca da deshumanización que un certo progreso pode traer consigo.
Cómpre finalmente facer alusión a outros capítulos de natureza un bocado distinta. Así pois, un par deles que falan acerca da vivenda. No primeiro, para referirse á penosa construción que leva a facer andares que teñen paredes que parecen de papel, estancias minúsculas onde case non caben os móbeis, etc. No segundo, onde un amigo do protagonista convence a este para que o acompañe a visitar o andar que el comprou, sito nas aforas, e do que está moi orgulloso pese á hipoteca ser a 99 anos, estar onde Xesús Cristo perdeu a zapatilla e caeren as paredes da urbanización, como lle pasou a un veciño, a pouco que sopre algo de ar.
Pero aínda é posíbel facermos referencia, poñamos por caso, ao asunto das viaxes en tren. Tal sucede no capítulo titulado "Que trata de las vicisitudes desagradables de un viaje en tren". As masificacións, as demoras infinitas para chegar a destino, as dificultades para poder enlazar con outro tren para poder continuar a distinto destino, etc. son descritas dun modo surrealista. Velaquí un breve exemplo:
Sorprende Wenceslao Fernández Flórez por ser tan tremendamente actual nos temas que aborda, ademais de porque nos traslada a ese absurdo, co seu dedo que sabe pór na chaga, e que nos fai sorrir a cada paso, mesmo rir ás gargalladas de forma franca e aberta.

A todo esto, el tren había seguido admitiendo huéspedes. Eran ya tan numerosas las personas y los bultos en los pasillos, que una señora muy correcta, que iba en pie y que intentó dar a luz, no pudo conseguirlo porque verdaderamente no había sitio para un ser más, por pequeño que fuese.
Sorprende Wenceslao Fernández Flórez por ser tan tremendamente actual nos temas que aborda, ademais de porque nos traslada a ese absurdo, co seu dedo que sabe pór na chaga, e que nos fai sorrir a cada paso, mesmo rir ás gargalladas de forma franca e aberta.
Comentarios
Publicar un comentario