![]() |
José Luis Santalla á porta do Quijote |
As transformacións que están a suceder no mundo do libro son evidentes. O 21% do IVE imposto polo goberno é un brutal machadazo na mesma liña de flotación da industria. Máis, se cabe, no caso do libro autóctono, cuxo mercado, moito máis cativo, ten que medir con maior tino os seus pasos. A cautela, con todo, non é receita única cando se aperta un bocado de máis o gañote. As librarías sofren, xa de tempo atrás, este vil acoso por parte de quen fai orellas moucas á industria cultural. Ben ao contrario, ultimamente mesmo tenta acabar con ela, acaso porque até poida que sexa demasiado molesta aos seus intereses, quérese dicir, ao seu discurso único. Véñennos á cabeza queimas de libros en épocas diversas, pois que a lectura e o coñecemento, polo que se ve, continúa a ser un comportamento subversivo.
![]() |
O Inquisidor Xeral Domingo de Guzmán preside unha queima de libros |
Días atrás baixaba definitivamente a persiana José Luis Santalla á libraría ferrolá Quijote, todo un clásico na nosa cidade, como tamén o fora a libraría Helios, pondo sobre o escaparate un singular cartaz: <<Cerrado por melancolía>>. Este non é, como se sabe, caso único. A libraría Nós na Coruña, González en Compostela, Alonso en Lugo, Bertrand en Vigo, etc. son algúns outros exemplos sucedidos dos anos noventa a esta parte por distintos puntos da xeografía do noso país. A este respecto,
velaquí lles deixo unha reflexión, motivo do noso artigo do Diario de Ferrol do xoves 11 de setembro.
http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/prezo-da-saudade/20140911023350100224.html
Comentarios
Publicar un comentario