Saltar ao contido principal

"Os desherdados" no club de lectura do Sofía Casanova

O pasado 25 de novembro tivemos o inmenso pracer de participar no Club de lectura de Adultos do IES Sofía Casanova de Ferrol. De antemán xa, dicir que foi para min un acto emotivo e tremendamente gratificante poder charlar da miña obra de maneira tan distendida. Os lectores, verdadeiros entregados á causa, fixeron unha análise de novela exhaustivísima, tanto que mesmo me deixaron atónito por tamaño partido como lle foron tirando. A profesora e amiga, Pilar Berrio, actuou de presentadora da actividade, glosando aspectos de carácter biográfico, pero que, para a nosa sorpresa, se estenderon até límites insospeitados cun power point en que con total pormenor fixo unha localización xeográfica da novela, un estudo psicolóxico dos personaxes, así como do estilo e da lingua, explicación do título, temas, estrutura, etc.




A escrupulosidade posta na interpretación, así como a delicadeza en saber comprender de maneira tan cabal a novela, non deixaron de sorprendernos en todo momento. Tanto é así, que o tempo se nos pasou voando, e ficando encantados por unha resposta tan positiva, sen dúbida como nunca tivera até o de agora en ningún outro club de lectura. Mesmo deu para estabelecermos elementos comparativos con outras novelas e novelistas que, dun xeito máis ou menos acaído —que neste campo talvez os críticos e teóricos da literatura terían de ser os que opinasen con maior rigor científico—, falaron acerca de La colmena, de Camilo José Cela, ao se facer fincapé nun certo aspecto coral que na nosa narración existe. Ou o Memorial do convento, de José Saramago, a respecto do elemento construtivo: na do portugués, o propio convento, na nosa, os túneles das baterías de Covas; mais tamén por un certo paralelismo visto entre a Blimunda de Saramago e a nosa Balbina, ambas as protagonistas de cadansúa narración.


O autor co(a)s integrantes do Club de Lectura
E desta guisa foron saíndo toda unha pléiade de aspectos, moitos nos que si tiñamos reparado, e outros nos que nunca nos fixaramos pero achamos criteriosos. Personaxes que responden á realidade, mais outros en que se quixeron ver persoas reais sen o seren. A itinerancia do relato e os saltos no tempo, á parte dunha procura a cegas cun final inesperado, tamén quixeron ser resaltados polas lectoras e lectores deste club, e ao cal lles estou tremendamente agradecido, pois fixéronme pasar un serán do máis frutífero, estimulante e do que puiden tirar inmensísimo proveito.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Ga...

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor

Miguel Sousa Tavares e o seu "Equador"

Capa do romance "Equador" 1.- ARGUMENTO : Luís Bernardo Valença pertence à alta burguesia lisboeta. Seu pai deixa-lhe em herança a posição de sócio principal de uma companhia de navios que fazem diferentes rotas comerciais. Estamos a falar da Companhia Insular de Navegação, encarregada de transportar cargas e passageiros entre a ilha da Madeira, as Canárias, o arquipélago dos Açores e o Cabo Verde. A vida do homem é regalada, despreocupada, entregue ele às reuniões e tertúlias com pessoas da boa sociedade lisboeta. Goza da amizade, por exemplo, de Bernardo de Pindela, conde de Arnoso, o qual faz parte do grupo de “Os Sobreviventes”, justamente em oposição ao de “Os Vencidos da Vida”, de que participava no seu momento Eça de Queiroz. Essa vida nocturna lisboeta de que o Basílio tanto se queixava (falamos do do seu romance O primo Basílio ) por falta de locais onde poder desfrutar, e que nestes se tornava todo o contrário, dispostos a extrair daquela vida capitalina...