http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/maldito-ouro/20160128000358144784.html
|
minas romanas nas Médulas (o Bierzo) |
Neste último artigo do mes de xaneiro, e a pesar de que a Xunta deu en recuar con respecto á explotación aurífera de Corcoesto, falo acerca do que foi, desde a época dos romanos até hoxe, da busca do ouro no noso territorio, Galiza. O megaproxecto de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, unha xigantesca canteira a ceo aberto que había de ser explotada por unha empresa canadiana, foi paralizado, felizmente, en 2014 grazas á presión veciñal.
|
megacanteira a ceo aberto |
|
plano do megaproxecto de Corcoesto
|
|
bocamina de Corcoesto
|
Déixovos aquí, pois, cunha pequena reflexión ao respecto. O artigo versa tamén acerca da historia do que foi a minaría do ouro en Galiza e como na nosa parroquia ferrolá de Covas, no lugar de Covarradeiras, aconteceu algo semellante ao de Corcoesto. A última empresa, a Narcea Gold Mines, que nesta quixo actuar, quíxoo facer así mesmo en Corcoesto no seu día. Polo momento, xa que logo, o proxecto foi adiado, mais a tentación continúa a estar aí.
|
lavadoiro da mina de Covas
|
Aquí vos deixo, igualmente, un enlace cun vídeo moi esclarecedor a respecto do que ten sido o megaproxecto, hoxe paralizado, de Corcoesto. Estou a falar do da empresa canadiana Edgewater:
https://www.youtube.com/watch?v=U5sCFY9eiSY
Comentarios
Publicar un comentario