Saltar ao contido principal

De ambrosías e malogros

Remoendo máis unha vez nisto das palabras, hainas que se atoan por algunha parte para despois ser difícil poder acharlles saída e que poidan ver de novo a luz que nalgún momento perderon. A lingua, queirámolo ou non, vaise modelando á súa maneira, ás veces de forma caprichosa, outras por causa de imperativos varios en que agora non imos entrar. Mais o certo é que algúns destes vocábulos acaban por se agochar polos escondedoiros máis estraños da casa, polos labirintos da memoria, por veces mesmo polos daqueles seres queridos que hoxe por vellos tenden a tela un bocadiño extraviada, e que, oh, sorpresa!, por calquera extraordinario resorte, véñenos a soltar no momento máis inesperado e alí estamos, atentos e por fortuna presentes, para os poder recoller. 




ambroesas
No campo destas "ambrosías" a que facemos referencia no título, temos a palabra ambroesa. Confésolles que nin tiña idea da súa existencia. Polo que, tan logo a escoitei, tiven a urxencia de apuntala, pois á parte de bonita, viñérame á mente de forma automática aqueloutra que descubrín no seu día na escrita de Álvaro Cunqueiro, e que facía mención a un tipo de mazá chamado camoesa, e que despois fun lendo noutras ocasións máis. Tanto no caso do primeiro termo como no do segundo parece que evoquen nomes propios. O vocábulo 'ambroesa' dá a sensación de nos remitir ao topónimo Ambroa, dígase de paso, a non moita distancia da comarca de Ferrol, xa que pertence ao concello de Irixoa, na comarca de Betanzos; aínda que tampouco nos debemos esquecer que existe outro igual en Tordoia. O segundo termo parece que nos quere remitir a Camões, acerca do cal sobra dicir, por arquicoñecido, quen é. 


A segunda das ambrosías a que nos queremos referir ten que ver coa voz folecho. Contrastado o seu significado entre os nosos maiores, tiramos en conclusión se tratar el dun peruco, quérese dicir, unha pera de pequeno tamaño, e sempre maduro. Os dicionarios traen esta voz como sinónimo de froito de boa aparencia pero que estaría podre por dentro. O capricho, máis unha vez, fai que o sentido vaia mudando lixeiramente de aquí para acolá, e o que acó é ambrosía pura, alí pasa a ser froito amargo por estar apodrecido. 


folecho
Xa por fin, e por acabar con esta incursión no léxico, temos que ir parar á expresión idiomática chegar a poleiro. Ora o certo sexa que esta expresión feita acostume ser acompañada da partícula negativa 'non'. A idea que se quere reflectir con ela é a de que algo ou de que algunha cousa non é lograda, que se malogra pois. Logo, que unha persoa 'non chegue a poleiro' equivalería a dicir que nunca terá un desenvolvimento físico, psíquico ou o que for adecuado ao que cabe esperar nunha persoa a medida que vai medrando. Nalgún dicionario, como no de Isaac Alonso Estravis, fálase de non subir a poleiro, expresión idiomática que di se refire aos meniños que non poden medrar por enfermidade. 




'non chegará a poleiro'
Velaquí, xa que logo, tres vocábulos. Dous deles son palabras simples, a outra poderiamos chamarlle, como algúns lingüistas lles din, palabra complexa. En calquera caso, tres expresións que queremos traer á luz hoxe aquí, pois da súa falta pode suceder que acaben por ficar no esquecemento. 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados  en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987.  Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán:  Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935.  Ga...

Miguel Sousa Tavares e o seu "Equador"

Capa do romance "Equador" 1.- ARGUMENTO : Luís Bernardo Valença pertence à alta burguesia lisboeta. Seu pai deixa-lhe em herança a posição de sócio principal de uma companhia de navios que fazem diferentes rotas comerciais. Estamos a falar da Companhia Insular de Navegação, encarregada de transportar cargas e passageiros entre a ilha da Madeira, as Canárias, o arquipélago dos Açores e o Cabo Verde. A vida do homem é regalada, despreocupada, entregue ele às reuniões e tertúlias com pessoas da boa sociedade lisboeta. Goza da amizade, por exemplo, de Bernardo de Pindela, conde de Arnoso, o qual faz parte do grupo de “Os Sobreviventes”, justamente em oposição ao de “Os Vencidos da Vida”, de que participava no seu momento Eça de Queiroz. Essa vida nocturna lisboeta de que o Basílio tanto se queixava (falamos do do seu romance O primo Basílio ) por falta de locais onde poder desfrutar, e que nestes se tornava todo o contrário, dispostos a extrair daquela vida capitalina...

Tintoretto, espírito olímpico e aromas dos Balcáns

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/tintoretto-espirito-olimpico-aromas-balcans/20160824234321164007.html No pasado 25 de agosto publicabamos no Diario de Ferrol, na sección "La Ventana", este artigo. Fálase nel acerca das impresións dunha viaxe realizada durante o mes de xullo. O mar Adriático, xunto co Xónico, fixeron parte deste interesante percurso, unha amálgama de cidades e lugares, unha mestura de varias culturas realmente cativadoras. Galleria dell'Academia de Venecia Venecia friso no museo de Olimpia Dubrovnik (Croacia) falso fiorde de Kotor igrexa ortodoxa en Kotor (Montenegro) igrexa ortodoxa en Kotor