http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/lobos-sucios-filme-pertinente/20160421003940152205.html
O filme Lobos sucios, que puidemos ver no día da súa estrea, non defraudou en absoluto as nosas expectativas. Ben ao contrario, colmounos de satisfacción poder comprobar como cun orzamento tan axustado se é capaz de facer bon cinema, ademais de pola ambición narrativa que o seu director enfrontou, tentando contar unha historia poliédrica e complexa da que foi capaz de saír bastante ben parado. Historias de amores por intereses creados ou por responderen a un verdadeiro apaixonamento, entrecrúzanse azarosamente coa explotación polos nazis da mina de wolfram de Casaio, na cal traballan presos republicanos e paisanos das aldeas lindantes, e que queren ser sabotadas (entre guerrilleiros antifranquistas e enlaces aliados británicos), coexistindo cun compoñente esotérico, tamén introducido, todo o cal vén a encerrar este convulso círculo en que Simón Casal de Miguel, o seu director, ousou aventurarse con éxito. Parabéns, logo, para el, para actores e actrices e todos os demais técnicos, pois que fixeron posíbel este interesante e necesario filme galego, cuxa pexa maior, ao noso entender, é que non fale na nosa lingua.

Comentarios
Publicar un comentario