http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/sicixia-da-traxedia-da-buserana/20161214233641174963.html
A audacia é quizá unha das maiores virtudes que caractericen a Ignacio Vilar. Unha vez máis, e tras a inmortal A esmorga, demóstranos a súa capacidade para nos asombrar, quer polo relato en si, quer polas soberbias actuacións e dirección, quer pola súa técnica. Conxúganse neste filme elementos que nolo aproximan do docudrama a través da inserción de pequenas filmacións sobre a vida e costumes na Costa da Morte. O formato documental é un enorme envoltorio dentro do que transcorre a historia narrada en sentido máis estrito. A paixón amorosa entre Xiao e Olalla é esa narración medular que apunta a traxedia desde o inicio. Historia que, grazas ao traballo de Xiao como técnico de son que está a gravar na Costa da Morte, nos introduce antropoloxicamente nela (rapa das bestas, mariñeiros, mariscadoras, lendas, palilleiras...) e que vai conformando o relato dun filme tan belo como inquietante.
o director de cinema Ignacio Vilar |
Comentarios
Publicar un comentario