A singularidade poética de Alberte Momán comeza polo seu apelido e acaba, sen ningunha dúbida, alí onde termina o último dos versos escritos. Poeta poliédrico, dono dun constructo poético poderoso, fala da fugacidade do tempo, sobre a exploración dos límites, sobre a imposibilidade do amor, e delatando toda a súa escrita a presenza inequívoca do oxímoro.
Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987. Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935. Galicia infinda , Sal
Comentarios
Publicar un comentario