O semáforo de Monte Ventoso, hoxe propiedade municipal, está en ruínas. A súa historia, o seu cometido durante máis de douscentos anos, o traballo desempeñado por case o derradeiro semaforista, meu pai, que con profesionalidade e entrega recibía as visitas de escolares e outros, espontáneas ou non, para lles explicar o desenvolvemento da actividade que alí se realizaba, foi un dos motivos deste artigo. Ademais, a posíbel restauración do observatorio, acaba de ficar plasmada no TFG de Enxeñaría e Deseño Industrial levado a cabo pola filla dunha boa amiga, e aprobado cunha extraordinaria nota. Mais igualmente quere ser esta unha pequena homenaxe a meu pai, que tamén o era de Jorge Dacosta, de Lupe Dacosta, Marta Dacosta e Maite Da Costa López. No meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 17 de marzo.
Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987. Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935. Ga...
Comentarios
Publicar un comentario