Saltar ao contido principal

Publicacións

Por terras de don Vito Corleone e Salvo Montalbano

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/terras-don-vito-corleone-montalbano/20170823210009200197.html A bela Sicilia é o motivo do artigo do Diario de Ferrol deste 24 de agosto. Dúas personaxes de ficción, don Vito Corleone e Silvo Montalbano, saídas da pluma de Mario Puzo e Andrea Camilleri respectivamente, son unha boa escusa con que argumentar un extenso periplo por terra sicilianas, de oeste para leste. Arte, historia, ocio, paisaxes, sociedade... dan fisonomía a este artigo, cuxa visión sobre tan fascinantes terras insulares servirá para abrir boca a aqueles que talvez non as coñezan, e un itinerario de sensacións, aínda que persoais e intransferíbeis, para aqueloutros que, coñecéndoas xa, poidan así contrastar coa súa propia experiencia . Velaquí volo deixo.   

Wenceslado Fernández Flórez: escritor en galego?

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/wenceslado-fernandez-florez-escritor-galego/20170812214954199092.html Foi realmente Wenceslao Fernández Flórez escritor en lingua galega? Dúas noveliñas en galego darían fe de que si. Canto hai de real e canto de impostado? De feito, A miña muller (1924) inauguraría a colección Lar, presidida por Leandro Carré. Esta é a razón destoutro artigo no Diario de Ferrol. 

Sobre arqueoloxía no Barbanza e outros

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/arqueoloxia-no-barbanza-outros/20170726225445197405.html As fontes arqueolóxicas están nos últimos tempos a brindarnos enormes satisfaccións no noso país. Non só a través de elementos da cultura castrexa ou romana, senón tamén dos xacementos como os da Cova de Eirós e outros que aínda nos han de deparar moitas sorpresas de aquí en adiante. De todo isto e algo máis falo neste artigo para o Diario de Ferrol. 

Mentres hai vida

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/mentres-hai-vida/20170712233030195896.html No día 13 de xullo publicabamos este artigo na nosa sección "La Ventana" do Diario de Ferrol . Unha pequena observación sobre a lingua de noso que , de xeito inexorábel, se nos vai indo por entre os dedos. Unha pequena homenaxe aos nosos vellos, sabios por idade e transmisores do pouco que nós podemos saber tamén e, especialmente a meu pai, que foi o indutor, de maneira totalmente inconsciente, que me deu pé para escribir este artigo. Outra volta máis, dirán vostedes, ao asunto da lingua. Así mesmo é, e non cansaremos. Outra volta, vista desde o plano lexical e gramatical, mais do plano sociolingüístico tamén. Eilo.  

Um relato sobre Amada Garcia

A revista Kallaikia, a número 2, será apresentada na Artábria no dia 14 de julho, a partir das 20:30. À parte dos artigos de diversa natureza que este novo número contém, também há lugar para conteúdos criativos. Um relato literatizado sobre Amada Garcia, "Cançom de embalar", fai parte desta nova entrega. Desta vez, este é o meu contributo. Aguardo seja do vosso agrado.

Do TTIP ao CETA

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/do-ttip-ao-ceta/20170628215034194458.html O TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership) morreu desde o momento en que Trump tomou as rendas do goberno nos Estados Unidos. Mais na gabeta da UE gardábase un outro acordo, o CETA, de lucros transnacionais para unicamente holdings empresariais. Europa prégase aos intereses canadianos e introduce nas regras do xogo algo máis que bens de consumo. De todo isto falamos no artigo de hoxe do Diario de Ferrol.

Círculo Edições: Elipse 11 em Ponte Vedra!

Círculo Edições: Elipse 11 em Ponte Vedra! : Para a próxima quinta-feira, em Ponte Vedra, a Elipse, a revista de iniciativa poética Círculo Edições, apresentará o seu novo número. Mais uma vez fizemos o nosso contributo, nesta ocasião através do relato "Canção de embalar".