http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/terras-don-vito-corleone-montalbano/20170823210009200197.html
A bela Sicilia é o motivo do artigo do Diario de Ferrol deste 24 de agosto. Dúas personaxes de ficción, don Vito Corleone e Silvo Montalbano, saídas da pluma de Mario Puzo e Andrea Camilleri respectivamente, son unha boa escusa con que argumentar un extenso periplo por terra sicilianas, de oeste para leste. Arte, historia, ocio, paisaxes, sociedade... dan fisonomía a este artigo, cuxa visión sobre tan fascinantes terras insulares servirá para abrir boca a aqueles que talvez non as coñezan, e un itinerario de sensacións, aínda que persoais e intransferíbeis, para aqueloutros que, coñecéndoas xa, poidan así contrastar coa súa propia experiencia. Velaquí volo deixo.
Comentarios
Publicar un comentario