Saltar ao contido principal

Publicacións

Hoxe é día de enganos

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/hoxe-e-dia-de-enganos/20171227233146211772.html Hoxe é 28 de decembro. Seica en Hispanoamérica existía a tradición de enganar as persoas pedindo un préstamo aos amigos que, caso de morderen no anzol, ficarían sen nada se non se percibiren do sarillo. Cousas que ten a "lexislación" destes días lúdicos en que a brincadeira ocupa (ou ocupaba) o espazo central.   Acerca disto e doutros días semellantes é que falo no artigo de hoxe no Diario de Ferrol. As bromas ou mentiras poden ser máis ou menos piadosas e até hai quen as gaste de maneira demasiado pesada. Ora ben, en tales días, quen cae na celada, ten o deber de apandar co que lle veña encima, pois o costume vén ditaminado dese xeito.      

"Os Cazadores", unha miga da nosa historia

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/cazadores-miga-da-nosa-historia/20171213235232210936.html No artigo para o Diario de Ferrol do día 14 de decembro quixen facer un pequeno esbozo sobre a historia do querido mesón-museo "Cazadores" da nosa cidade (Ferrol). Teño para min, gardo esa Os poetas Oroza e Karlotty estraña sensación de que aínda nunca se lle fixo xustiza, de que talvez o teñamos un bocadiño esquecido. Así pois, animo desde aquí a que haxa quen queira indagar no perfil histórico do noso entrañábel local, infelizmente fechado desde esta primavera. 

Revista "Elipse nº12"

https://circuloedicoes.blogspot.com.es/p/revista.html Compraz-me mais uma vez poder pendurar cá informações sobre este novo número da Elipse do Círculo Edições. Ora, apenas um pequenino relato da nossa autoria, se calhar um jogo literário que vocês podem julgar. Intitula-se A Companha .

Ferrol surrealista

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/ferrol-surrealista/20171129223455209822.html Ferrol, esa espiña cravada no máis fondo. A miña amadodiada cidade, velaquí está de novo. En todo estás e ti es todo. Ferrol é, unha vez máis, motivo das nosas coitas. Sempre haberá, no entanto, algunha luz que alume alá no cabo do túnel. Eis, pois, o meu artigo nesta ocasión para o Diario de Ferrol .

Tres boas escollas narrativas de Embora en 2017

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/boas-escollas-narrativas-embora-2017/20171115235941208868.html No artigo do 16 de novembro do Diario de Ferrol facemos unha pequena incursión en tres producións narrativas publicadas por Edicións Embora, que xulgamos de moito interese. Estamos tamén ás portas das vodas de prata da editora, por tanto, nun bon momento para felicitala e dar os parabéns por tan boa escolla. 

Cinema (en) galego

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/cinema-en-galego/20171102003744207459.html No Diario de Ferrol do 2 de novembro, falo sobre cinema galego. A escusa perfecta deuma Brais Romero Suárez, despois da estupenda charla-coloquio á que puiden asistir no 19 de outubro. Cito algunhas das chaves da nosa filmografía, ás que fixo referencia o conferenciante, alén doutros aspectos relativos ao noso cinema. 

Escavacións en terras bíblicas

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/escavacions-terras-biblicas/20171018231112205901.html  Neste artigo do Diario de Ferrol falo acerca dunhas novas escavacións arqueolóxicas da UDC, coordinadas por Juan Luis Montero Fernollós, agora en terras de Palestina. Falo tamén de como a Biblia, de xeito paralelo, é capaz de xogar aquí un papel relevante.