Saltar ao contido principal

Publicacións

Vulgar area nada máis

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/06/18/nordesia-17-06-18.pdf A guerra pola auga xa está aquí. Trátase do primeiro dos recursos naturais máis demandados. Mais é que a area ocupa o segundo dos recursos naturais máis explotados. Todo canto envolve este proceso falámolo neste artigo. E é que a extracción masiva e insustentábel de area está non só a modificar o espazo físico, senón a contribuír á mudanza climática. 

Conxugando o verbo xogar

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/06/04/nordesia-03-06-18.pdf Na sección "Termar do leme" do suplemento Nordesía, do DF, do 3 de xuño quixen facer un pequeno tributo aos xogos populares... e algo máis.  

De navegantes por incógnitas terras austrais

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/05/21/nordesia-20-05-2018.pdf Pataka, celeiro da cultura maorí (Nova Zelandia) A miña achega para o Nordesía do 20 de maio foi este texto en que reparo sobre as navegacións habidas de arredor da área austral do Pacífico durante o séc.XVI. Sinalo algunhas hipóteses a respecto da presenza de galegos e portugueses por terras neocelandesas, australianas e de Tuamotu. Os curiosos pataka , celeiros existentes por toda esta extensa área xeográfica, virían ser algúns dos hipotéticos testemuños atribuíbeis a estes mariñeiros, mais existen outros que apuntarían a esta mesma hipótese e que  igualmente   se indican no artigo.  acuarela de Francisco García Rey

«Vía V» Gaelico: una lengua, cuatro pueblos (cap. 702 - parte 1 - 29/05...

Eloxio á sabedoría: catro seres humanos inigualábeis

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/05/07/nordesia-6-5-18.pdf José Luis Sampedro e José Saramago O domingo 6 de maio, no "Nordesía" do DF, quixen tributar unha pequena homenaxe a catro homes sabios: Noam Chomsky, José Luis Noam Chomsky Sampedro, José Saramago e Eduardo Galeano. A súa obra, as súas palabras, o seu pensamento, transcenden os tempos, xa que nos fan reflexionar sobre a nosa condición como seres humanos pertencentes á mesma tribo universal. Eduardo Galeano

"Anátema", de Camilo Castelo Branco

Estamos perante a novela com a que, na prática, Camilo Castelo Branco se vai estrear no caminho do romance. Com antecedência já tinha publicado Maria não me mates que sou tua mãe (1848), de caráter marcadamente folhetinesco e baseado num facto ocorrido em Lisboa no ano 1848. Em Anátema (1851) recolhem-se já os elementos basilares que irão marcar a maneira de escrita do autor trasmontano. Tudo quanto se verte para este primeiro romance, vê-lo-emos, em maior ou menor medida, refletido posteriormente na obra estelar camiliana, quer dizer, no seu Amor de perdição . É interessante vermos como se explicita (cap. XVI) o sentido do título do romance nesta passagem em que fala o padre de Vilamarim, Carlos da Silva:  —[...] Há um sangue inocente, que transuda a pedra do túmulo! Há um grito de vingança, que quer uma longa expiação de lágrimas! Há um ANÁTEMA de conjuração diabólica que vai até à última geração de uma família como um rastilho de sangue! N...

A marabilla dos cineconcertos

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/04/23/nordesia-23-04-2018.pdf Por segundo ano consecutivo estamos a poder desfrutar dos fabulosos cinceconcertos que, organizados pola editorial Embora, se están a celebrar no teatro Jofre de Ferrol. O cinema silente gaña en espectacularidade grazas ao bon facer de músicos de enorme talla, tal como Jordi Sabatés, o grupo de jazz progresivo, Pegasus, ou Adrián Begoña Trío, que puxeron a banda sonora ao vivo deste filme de Harold Lloyd, O home mosca , no pasado 14 de abril. As peripecias de Harold Lloyd trepando ao altísimo edificio dos grandes almacéns en que traballa, fixéronos sufrir, póndonos os pelos de punta, á vez que tamén lograron facernos rir. Antes deste memorábel  O home mosca , Buster Keaton fixera as nosas delicias no mes pasado con O maquinista da General . Tan só falta, para así fechar o ciclo, o filme de ciencia ficción Metropolis , de Fritz Lang. As expectativas, tal como acontecera no curso ant...