Saltar ao contido principal

Publicacións

A nosa identidade

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/09/25/nordesia.pdf Toni Cantó, deputado de Ciudadanos Antes da falaz intervención do iluminado deputado citadino, TONI CANTÓ, librando o xa lapidario exabrupto  que todos coñecemos  (a desaparición do  castelán  en Galiza) , escribiamos, xustamente, a propósito do amentado tema da NOSA lamentábel situación, desde as páxinas do Nordesía do DF. (No 23 de setembro.) Aquí deixo a ligazón, para quen quixer lelo. 

Da Emilia-Romaña á montaña das Marcas

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/09/17/Nordesia.pdf Panorámica de Urbino O domingo 16 de setembro, no suplemento Nordesía do DF, escribín a segunda parte (prometida) sobre un periplo feito por Italia. Se na primeira (xa no blog) fora Boloña, agora tocou a Emilia-Romaña, a rexión das Marcas e algo de Umbría. Aquí o deixo, caso queira alguén dar unha vista de ollos. Sant'Apollinare Nuovo, Rávena Palazzo dei diamanti, Ferrara Castello d'Este, Ferrara

Intensa Boloña, bela e vermella

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/08/26/nordesia.pdf No último domingo de agosto de 2018, o meu artigo do suplemento do DF, Nordesía, versou sobre a bonita e interesantísima Boloña. Acho que é  unha cidade moi recomendábel, desde moitos puntos de vista. Aquí volo deixo.

James Rhodes e o Día das Letras Galegas

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/07/15/nordesia.pdf James Rhodes No domingo 15 de xullo, no suplemento Nordesía do DF, o concertista James Rhodes foi protagonista do noso artigo xunto cos candidatos ao Día das Letras Galegas de 2019. Ambos os motivos, en aparencia inconexos, acaban finalmente por confluír. Aquí volo deixo.                                                                                                Ricardo Carvalho Calero

"De carbón y nieve", última achega narrativa de Eduardo Fra

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/08/12/nordesia.pdf No domingo 12 de agosto, no suplemento Nordesía do DF, tiven ocasión de poder falar acerca da última proposta narrativa de Eduardo Fra Molinero. O artigo fai un percurso xeral acerca da obra deste ferrolán de adopción mais berciano de nación. Excusatio non petita, accusatio manifesta , son consciente, pero é verdade que acaso só unha terceira parte do texto é que se ocupa e centra na citada novela. En calquera caso, unha delicia poder falar acerca deste versátil escritor e bon amigo. Moitos parabéns! 

"Tripas", último poemario de Alberte Momán

A singularidade poética de Alberte Momán comeza polo seu apelido e acaba, sen ningunha dúbida, alí onde termina o último dos versos escritos.   Poeta poliédrico, dono dun constructo poético poderoso, fala da fugacidade do tempo, sobre a exploración dos límites, sobre a imposibilidade do amor, e delatando toda a súa escrita a presenza inequívoca do oxímoro. 

"Lapis na noite" para evitar a desmemoria

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/07/02/nordesia.pdf " Lapis na noite para evitar a desmemoria" foi o título do artigo escrito no domingo 1 de xullo no Nordesía . Ramón Nicolás adéntranos a través da súa novela nese mundo represivo e opresivo nacido á calor da ditadura cívico-militar arxentina comezada con Videla. Un exiliado do franquismo e, principalmente, a súa filla serán os catalizadores da insania. Parabéns para Ramón Nicolás, que nos ofrece unha conmovedora e fantástica narración ben acaída aos tempos de desmemoria en que vivimos.