Saltar ao contido principal

Publicacións

Un camiño de ferro decimonónico

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/12/18/nordesia-19-12-2018.pdf A liña de tren Ferrol-Coruña está operativa desde o ano 1913. Practicamente sen electrificar, tarda en facer un itinerario de 42'8 km un mínimo de entre 1h5 e 2h20, mesmo existindo unha opción (a das 15:18) que demora 3h12, e cuxos prezos oscilan entre 23 e os 6  euros . Ao mesmo tempo, o traxecto pola autoestrada dura pouco máis de media hora, sendo o seu prezo de 4 euros, caso de se facer a viaxe en automóbil, ou entre 4 ou 5 euros, caso de  ser feita en autobús.  Analizamos neste artigo o deficiente camiño de ferro que sae e chega até Ferrol, sexa o de ancho ibérico, sexa o de vía estreita, aquel que era coñecido até ben pouco tempo como Feve e que hoxe está ligado a Adif e Renfe Operadora. O pasado 13 de decembro reuníanse en Ferrol o antigo presidente da Xunta, González Laxe, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o de Ferrol,  Jorge Suárez, para deb...

Oliveiras en Galiza

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/12/03/nordesia.pdf#page=9&zoom=auto,-158,439 As oliveiras en Galiza non son unha moda de hoxe. Haberá quen pense, certamente, en oliveiras como árbore ornamental. Mais non é aquí, neste artigo, onde falamos deste aspecto que, sen dúbida, é xa un lugar común da estética de moitos paseos, xardíns, rotondas e demais das nosas cidades, vilas e quintas. Non. Falamos acerca desta árbore, xenericamente asociada a terras meridionais peninsulares, mais que está igualmente ligada a Galiza, así mesmo á zona máis meridional (terras do Sil e do Miño sobre todo), desde tempos dos romanos. Velaquí, pois, unha pequena aproximación á historia desta árbore no noso país, mesmo documentada en cartas forais de antigo, cantares, etc.

Galegos, as mans de Lisboa

casa da Vila Estrela d'Ouro antigo cinema Royal en Estrela d'OUro A cuantiosa emigración galega a Lisboa deixou importantes rastros na cidade. Dificilmente nos podemos subtraer á idea, aínda no momento actual, das pegadas que somos capaces de ver se observarmos con ollos espertos. Interesante mostra foi a perpetuada por Agapito Serra Fernandes no Bairro da Graça, ao crear a Vila Operária Estrela d'Ouro. Velaquí o testemuño desta vida de antano do emigrante galego, fixada desde o século XVIII de maneira ben evidente e que, dalgún xeito, quixemos rememorar a través deste artigo do Nordesía do 18 de novembro.   Balcão da Ginjinha do Largo de São Domingos Balcão da Ginjinha, do galego Francisco Espinheira Se quixeres ler o artigo enteiro, só tes que premer  aquí

Aprendizaxe etnolingüística dunha conversa casual

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/11/13/nordesia.pdf O mundo do pan, todo aquilo que ten a ver co cultivo, seitura, malla, moaxe e cocción do cereal, pode ser para os urbanitas e o homo tecnologicus de hoxe non máis que unha estampa bucólica de remotísimos tempos, pretéritos xa que logo. E algo de razón non lles falta —aos que así pensen—, mais errarán nun sentido, no feito de que tan só é unha xeración a que nos separa deses homes que practicaban tales afaceres no rural.  Diso trata o artigo do día 4 de novembro do Diario de Ferrol. Meu pai, un home de noventa e dous anos, foi quen me forneceu dita conversa. Interesante e fértil conversa que achegou, de certo, unha moi bonita estampa e, alén diso, un material impagábel, acho que digno dun etnógrafo. Aínda que do punto de vista lingüístico, non creo que sexa tampouco unha información  desdeñábel.  Eila,  por tanto, para quen goste destas curiosidades que falan de nós, ora c...

O máis fermoso dos altruísmos

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/10/22/nordesia.pdf O día 21 de outubro, nas páxinas do suplemento Nordesía do DF, publiquei o presente artigo en que quixen mostrar a miña admiración polo acto altruísta, tremendamente xeneroso, da doazón de órganos. Dar vida despois da vida...   

Desvalorización do Diario Cultural da Radio Galega

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/10/07/Nordesia.pdf O domingo 7 de outubro, desde as páxinas do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol, xulguei conveniente contibuír, sumar a miña voz, a modo de protesta ao feito de ter desaparecido o programa "Diario Cultural" da Radio Galega, dirixido por Ana Romaní desde había 28 anos. O proceso de purga, modificación e de desaparición de programas a que asistimos ultimamente fai necesario unha profunda reflexión acerca do que está a acontecer nos nosos medios públicos, nomeadamente na RTVG. 

A nosa identidade

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/09/25/nordesia.pdf Toni Cantó, deputado de Ciudadanos Antes da falaz intervención do iluminado deputado citadino, TONI CANTÓ, librando o xa lapidario exabrupto  que todos coñecemos  (a desaparición do  castelán  en Galiza) , escribiamos, xustamente, a propósito do amentado tema da NOSA lamentábel situación, desde as páxinas do Nordesía do DF. (No 23 de setembro.) Aquí deixo a ligazón, para quen quixer lelo.