https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/12/03/nordesia.pdf#page=9&zoom=auto,-158,439
As oliveiras en Galiza non son unha moda de hoxe. Haberá quen pense, certamente, en oliveiras como árbore ornamental. Mais non é aquí, neste artigo, onde falamos deste aspecto que, sen dúbida, é xa un lugar común da estética de moitos paseos, xardíns, rotondas e demais das nosas cidades, vilas e quintas. Non. Falamos acerca desta árbore, xenericamente asociada a terras meridionais peninsulares, mais que está igualmente ligada a Galiza, así mesmo á zona máis meridional (terras do Sil e do Miño sobre todo), desde tempos dos romanos. Velaquí, pois, unha pequena aproximación á historia desta árbore no noso país, mesmo documentada en cartas forais de antigo, cantares, etc.
Comentarios
Publicar un comentario