Saltar ao contido principal

Publicacións

Neira Vilas e o mundo que se nos foi

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/03/24/nordesia-24-03-2019.pdf Xosé Neira Vilas deixounos en 2015. O seu extenso legado fai parte ineludíbel de nós, sobre todo desde que Balbino entrou nas nosas vidas. A narración Aquel neno é unha sorte de texto homenaxe a quen el, Xosé Neira Vilas, foi e tantos outros foron. O mundo transformouse desde aquela de maneira clara, pero hai algo de nós que debemos ás súas prosas. Sirva, pois, este artigo como modesta homenaxe para quen tanto supuxo no mundo das nosas letras, así como un repaso da nosa diáspora e de Cuba en particular.  

O incerto mundo do libro

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/03/10/nordesia-10-03-2019.pdf Hay-on-Way/Gelli Gandryll (Gales), libraría ao ar libre O mundo do libro esmorece? Lese menos dun tempo a esta parte? Finalmente, chegaron as editoras ao seu teito? Desaparecerán as librarías? Estas son algunhas das cuestións que se formulan neste artigo do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol . Porque algo incerto está a acontecer, diso non hai dúbida, pero que en concreto? O mundo que se nos aveciña pouco ten a ver co duns poucos anos atrás. Por un lado, é un asunto que nos inquieta, polo outro, até é posíbel recoñecer que nos fascina. Estes son algúns dos temas abordados neste artigo.    Igrexa desacralizada de Santa María en Óbidos, hoxe libraría                    

Oficios en extinción: aureanas e corticeiros

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/02/24/nordesia-24-02-2019.pdf   No pasado mes de setembro falabamos a través das páxinas do Nordesía acerca do cultivo tradicional das oliveiras en Galiza, claro que tan só nunhas determinadas zonas do noso territorio. Nestoutro artigo de agora son de novo dúas ocupacións e/ou traballos, igualmente adscritos a uns espazos moi restrinxidos de Galiza, mais que, así mesmo, están en transo de desaparición ou, se cadra, xa desaparecidos. Estamos a referirnos aos oficios de aureanas, ou buscadoras de ouro, practicado na comarca de Valdeorras e nas augas do río Sil; e ao de corticeiro, a persoa que descasca o tronco das sobreiras e tamén o pode transformar en cortizos, isto é, colmeas fabricadas con este material, tal e como acontece, ou acontecía, polas veigas dos ríos Arnego e Deza, en Agolada.   

Apachería

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/02/10/nordesia-10-02-2019.pdf?fbclid=IwAR1ejb68QKn_aQgIFHmxbSqqDRpWx-WnQf7gahgyAmANe6dH0O3mcG4yTFQ Interesante novela do escritor mexicano Álvaro Enrigue. Un territorio, A Apachería, e un contexto histórico en que se mide o ser, o existir dunha serie de comunidades, indíxenas dun lado, mexicanas e estadounidenses doutro, mesmo con incursións no pasado proto-mexicano en que o Imperio español se desmembraba. Isto e moito máis, pois  son   os conflitos dos diferentes personaxes que se debaten entre lealdade e deber, entre dignidade e claudicación outros dos aspectos notábeis da narración.

Galiza e Galegos como topónimos e algo máis

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/01/27/nordesia.pdf Neste Nordesía do 27 de xaneiro, do Diario de Ferrol, quixen determe a falar un bocadiño a respecto dos topónimos que levan por nome Galegos e Galiza, e semellantes, que xorden por terras portuguesas e españolas, tentando indagar nos seus porqués. Eilo, se o quixerdes ler.  

Os desaires de "l'enfant terrible" Lobo Antunes

https://www.elidealgallego.com/media/idealgallego/files/2019/01/13/nordesia-14-01-2019.pdf António Lobo Antunes é, no momento actual, talvez un dos mellores narradores vivos en lingua portuguesa. É por esta razón que constantemente apareza nas quinielas do Nobel e, razón tamén, que o irrite sobremaneira. Novelista audaz, prolixo, complexo e controvertido, non temos dúbida que non pasa pola vida de maneira inadvertida. As últimas manifestacións feitas para o Diário de Notícias a respecto da opinión que lle merece José Saramago, avalan o que estamos a apuntar, tendo levantado ampolas alén e aquén Miño. Nesta "autoentrevista" feita para o xornal portugués, xorden moitas máis opinións que non deixan de ser interesantes, mais calladas de polémica. Eis o motivo que me animou a deixar este testemuño para o suplemento Nordesía do Diario de Ferrol. 

A Universidade como concepto

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/12/30/nordesia.pdf Biblioteca da Universidade de Boloña Algunhas observacións acerca da Universidade, quer do punto de vista histórico, quer do punto de vista actual. Este foi o tema desenvolvido no último artigo do ano que vén de terminar, 2018.  Cárcere de alumnos na Universidade de Heidelberg