https://www.elidealgallego.com/media/idealgallego/files/2019/01/13/nordesia-14-01-2019.pdf
António Lobo Antunes é, no momento actual, talvez un dos mellores narradores vivos en lingua portuguesa. É por esta razón que constantemente apareza nas quinielas do Nobel e, razón tamén, que o irrite sobremaneira. Novelista audaz, prolixo, complexo e controvertido, non temos dúbida que non pasa pola vida de maneira inadvertida. As últimas manifestacións feitas para o Diário de Notícias a respecto da opinión que lle merece José Saramago, avalan o que estamos a apuntar, tendo levantado ampolas alén e aquén Miño. Nesta "autoentrevista" feita para o xornal portugués, xorden moitas máis opinións que non deixan de ser interesantes, mais calladas de polémica. Eis o motivo que me animou a deixar este testemuño para o suplemento Nordesía do Diario de Ferrol.
Comentarios
Publicar un comentario