Saltar ao contido principal

Publicacións

La madre de Frankestein

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/04/19/nordes%C3%ADa%2019-04.pdf A última novela de Almudena Grandes, inserida dentro da serie "Episodios de una guerra interminable", responde ao estilo da autora. Trátase, pois, dunha narración poliédrica e amena, con moitas voltas, tal e como nos ten acostumados. Pena, no entanto, que a centralidade que lle presupuñamos a Aurora Rodríguez Carballeira, fique en tan segundo plano. Quérese dicir, está lonxe de ser a historia máis destacada do relato, que si recae no Dr. Germán Velázquez, psiquiatra que a atende entre 1954 e 1956, e María Castejón, neta do xardineiro e a quen Aurora ensinou a ler e escribir.   

"Galicia, un relato no mundo"

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/04/05/nordes%C3%ADa%2005-04-20.pdf "Galicia, un relato no mundo" é a exposición máis ambiciosa sobre a nosa presenza, como Galiza e galegos , a través dos tempos polo mundo. Podémola visitar no monte Gaiás, na Cidade da Cultura. Interesantísima pola diversidade de propostas (o Guerreiro de Lesenho, o Libro das Invasións ou Lebor Gabála Érenn, unha talla do Sebasteion de Afrodisias, o Mapa de Sawley, o Itinerario de Exeria, a Biblia Kennicott, o Cancioneiro da Vaticana, a "Santa" de Asorey...), así como o percorrido histórico a que podemos asistir. 

"Través do trebón": unha narrativa torrencial

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/03/29/nordes%C3%ADa.pdf Esta é a última novela de Vicente Araguas, un tributo á súa cidade natal, circunscrito a un período convulso de fidelidades e desafectos. Son os días previos ao golpe militar do 36, iniciado en África, e que acabará por triunfar tamén aquí. Marcelo Glaría, tenente de navío, encarna un dos papeis protagonistas xunto a un rapaz de case dezaseis anos, Vitolo. A vida intramuros (no Arsenal) e a da cidade (Astaleiro, transunto de Ferrol) vese intranquila e baixo a ameaza do que está a punto de acontecer. Unha novela vívida e torrencial que retrata á perfección un estado de ánimo e un perfil de cidade tan de noso e que, Araguas, sabe  retratar  con mestría. 

A lingua inglesa despois do Brexit

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/03/08/nordes%C3%ADa%2008-03-2019.pdf Que acontecerá agora coa lingua inglesa unha vez o Reino Unido está fóra da Unión Europea? Seguirá a ter a mesma relevancia que calquera outra das linguas da UE? Cal é o estatus das linguas dentro da UE? Estas son algunhas das cuestións que abordei no meu "Termar do Leme" do suplemento Nordesía (Diario de Ferrol) no 8 de marzo.   

A intensa poética de "Onde nacen as hedras"

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/02/24/nordesia.pdf No meu "Termar do Leme" do Nordesía (Diario de Ferrol) do día 23 de febreiro, realicei unha aproximación ao último poemario de Ana Varela. Algunhas das chaves para a súa lectura —desde o meu punto de vista— aquí están.

Tell el-Fara'a: arqueoloxía en Palestina

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/02/09/nordes%C3%ADa%2009-02-2020.pdf No 5 de febreiro, na miña columna do suplemento Nordesía (DF), Termar do leme , ocupeime das escavacións que está a realizar o único equipo ibérico en Palestina. E todo grazas ao entusiasmo de Juan Luis Montero Fenollós, profesor de Humanidades no campus de Ferrol.  

Unha estación de tren libraría

https://idealgallego.opennemas.com/media/idealgallego/files/2020/01/26/nordesia.pdf O mundo do libro, ao igual que o da materia, transfórmase, ou iso é o que eu quero crer. No meu artigo do 26 de xaneiro, na sección Termar do Leme do suplemento Nordesía (DF), escribín acerca da estación de tren libraría de Alnwick, no norte de Inglaterra, e sobre algunha cousa máis.