https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/04/19/nordes%C3%ADa%2019-04.pdf
A última novela de Almudena Grandes, inserida dentro da serie "Episodios de una guerra interminable", responde ao estilo da autora. Trátase, pois, dunha narración poliédrica e amena, con moitas voltas, tal e como nos ten acostumados. Pena, no entanto, que a centralidade que lle presupuñamos a Aurora Rodríguez Carballeira, fique en tan segundo plano. Quérese dicir, está lonxe de ser a historia máis destacada do relato, que si recae no Dr. Germán Velázquez, psiquiatra que a atende entre 1954 e 1956, e María Castejón, neta do xardineiro e a quen Aurora ensinou a ler e escribir.
Comentarios
Publicar un comentario