Saltar ao contido principal

Publicacións

Maldito ouro

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/maldito-ouro/20160128000358144784.html  minas romanas nas Médulas (o Bierzo)                            Neste último artigo do mes de xaneiro, e a pesar de que a Xunta deu en recuar con respecto á explotación aurífera de Corcoesto, falo acerca do que foi, desde a época dos romanos até hoxe, da busca do ouro no noso territorio, Galiza. O megaproxecto de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, unha xigantesca canteira a ceo aberto que había de ser explotada por unha empresa canadiana, foi paralizado, felizmente, en 2014 grazas á presión veciñal.     megacanteira a ceo aberto   plano do megaproxecto de Corcoesto                                         ...

Infamias de vencedores

Infamias de vencedores . Diario de Ferrol: No meu artigo de hoxe no Diario de Ferrol, estupefacto despois de ter lido un iluminado libelo acerca da División Azul, xulguei conveniente facer unha pequena reflexión sobre el. Xa é hora de que a memoria dos vencedores teña de ser modificada e revisada dunha vez por todas. Muñoz-Grandes é o home da esquerda

O obradoiro das chalanas - Henrique Dacosta - Diario de Ferrol

O obradoiro das chalanas - Henrique Dacosta - Diario de Ferrol Antes de finalizar o ano, despídome de todos con este último artigo no Diario de Ferrol. Meu padriño, construtor de chalanas, é o motivo principal, así como o oficio que con el se extingue. En suma, unha pequena homenaxe. As fotos que aquí se serven son: 1. unha chalana por el construída 2. comeza o pintado da chalana (meu padriño é o da dereita) 3. a casa do fondo é a de meus pais, en Covas, aínda en construción, e o que se ve en primeiro plano é a antiga eira, xa convertid a en obradoiro de chalanas, con dúas construídas que se poden observar 4. meu pai a punto de saír a pescar en Penarroiba. Que teñades unha felicísima entrada de ano!!!

A MIÑA VACA MARELA - Henrique Dacosta - Diario de Ferrol

A MIÑA VACA MARELA - Henrique Dacosta - Diario de Ferrol O sector leiteiro non acaba de saír de pobre. As mobilizacións seguen aí e as solucións parecen aínda estar moi lonxe. O horizonte enxérgase pouco claro e, temémolo, un futuro inmediato moi pouco prometedor.  carro do país en Covas (o Prioiro) puchas, xatas, vitelas, tenreiras, cuxas... Velaquí outra pequena reflexión sobre o noso agro —tocaramos o tema o 25 de setembro no artigo "O sector lácteo non sae de pobre"—. Hoxe, día 17 de decembro, no "Diario de Ferrol": vaca marela

FÓISENOS OUTRO BON E XENEROSO - Henrique Dacosta - Diario de Ferrol

FÓISENOS OUTRO BON E XENEROSO - Henrique Dacosta - Diario de Ferrol Foise o pai de Balbino, mais deixou terra atrás de si sementada. Eis a nosa pequena homenaxe. ilustración de Díaz Pardo para Memorias dun neno labrego Xosé Neira Vilas M.Aneiros,  pescador  mugardés de Casablanca "bodegueiros" galegos na Habana Centro Galego (A Habana) indianos da comarca de Ferrol 'Alianza Aresana de Instrucción' en 1911 traducións editadas na Habana (1985)

O Eça de Queirós d'O primo Basílio

BREVE INTRODUÇÃO À OBRA QUEIROSIANA: Existem  sem dúvida   vários Eça, dado o prosista poveiro demonstrar de princípio a fim da sua obra bem diferentes perfis. A presença do exotismo e do mundo onírico, e a capacidade para causar estranheza no leitor, cobra relevância n' O mandarim , um esquisito romance breve, quase poderíamos falar em novela. A história fantástica de um mesquinho amanuense que por arte de magia se torna um fabuloso senhor a quem nenhum prazer é vedado, converte-a numa exceção dentro da sua produção realista. Assim mesmo, já n' O mistério da estrada de Sintra , que foi a sua primeira tentativa de ficção, embora de autoria conjunta com Ramalho Ortigão, seja possível visarmos um antecipo da novela policial de hoje. Além do mais, ainda existe um terceiro romance, A relíquia , obra em que o burlesco e o grandioso alternam, e a fantasia consegue deformar figuras, enquanto a ação desenvolve a Paixão de Cristo na serenidade da paisagem da Palesti...

Nabo, nabiza e grelo - Henrique Dacosta - Diario de Ferrol

Nabo, nabiza e grelo - Henrique Dacosta - Diario de Ferrol O ceo, hoxe, está entoldado. Tempo gris como a atmosfera que andamos a respirar nestes últimos días. París está de loito, pero non menos que Beirut, e tantas outras localidades sirias, iraquianas, palestinas... Tambores de guerra, que levamos escoitando desde a inxerencia no Iraq de hai  xa   ben tempo, e o trío dos Azores vomitaran o delirante exabrupto para unha intervención inxustificada, e a barbarie se veu instalar no día a día das nosas vidas. Con todo, permítanme este pequeno respiro agora, e a "boutade". Déixolles aquí o artigo de hoxe no Diario de Ferrol.  unha mada de grelos nabos  canelóns con grelos pastel de pataca e grelo lacón con grelos