Saltar ao contido principal

Publicacións

"Anátema", de Camilo Castelo Branco

Estamos perante a novela com a que, na prática, Camilo Castelo Branco se vai estrear no caminho do romance. Com antecedência já tinha publicado Maria não me mates que sou tua mãe (1848), de caráter marcadamente folhetinesco e baseado num facto ocorrido em Lisboa no ano 1848. Em Anátema (1851) recolhem-se já os elementos basilares que irão marcar a maneira de escrita do autor trasmontano. Tudo quanto se verte para este primeiro romance, vê-lo-emos, em maior ou menor medida, refletido posteriormente na obra estelar camiliana, quer dizer, no seu Amor de perdição . É interessante vermos como se explicita (cap. XVI) o sentido do título do romance nesta passagem em que fala o padre de Vilamarim, Carlos da Silva:  —[...] Há um sangue inocente, que transuda a pedra do túmulo! Há um grito de vingança, que quer uma longa expiação de lágrimas! Há um ANÁTEMA de conjuração diabólica que vai até à última geração de uma família como um rastilho de sangue! N...

A marabilla dos cineconcertos

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/04/23/nordesia-23-04-2018.pdf Por segundo ano consecutivo estamos a poder desfrutar dos fabulosos cinceconcertos que, organizados pola editorial Embora, se están a celebrar no teatro Jofre de Ferrol. O cinema silente gaña en espectacularidade grazas ao bon facer de músicos de enorme talla, tal como Jordi Sabatés, o grupo de jazz progresivo, Pegasus, ou Adrián Begoña Trío, que puxeron a banda sonora ao vivo deste filme de Harold Lloyd, O home mosca , no pasado 14 de abril. As peripecias de Harold Lloyd trepando ao altísimo edificio dos grandes almacéns en que traballa, fixéronos sufrir, póndonos os pelos de punta, á vez que tamén lograron facernos rir. Antes deste memorábel  O home mosca , Buster Keaton fixera as nosas delicias no mes pasado con O maquinista da General . Tan só falta, para así fechar o ciclo, o filme de ciencia ficción Metropolis , de Fritz Lang. As expectativas, tal como acontecera no curso ant...

Almiranta dos Mares do Sur

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/04/09/nordesia.pdf No suplemento Nordesía do Diario de Ferrol, apetecíame regresar á figura de Isabel de Barreto, adiantada dos Mares do Sur, esposa de Álvaro de Mendaña e descubridor das Illas Salomón na súa primeira expedición. A miña  primeira novela, "Mar para todo o sempre", glosa a personalidade de ambos os navegantes. O caso é que case trinta anos atrás, a figura desta muller soprendérame, quer polo seu insólito ímpeto e decisión, quer pola capacidade de mando que desempeñou sobre a frota unha vez falecido o seu home na segunda expedición, após ter tomado as rendas, levando de volta os navíos até Manila. 

Testemuña das últimas horas de Castelao

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/03/27/nordesia.pdf Mario Rodríguez Gómez Neste novo artigo no "Nordesía", do DF, pretendín achegar unhas poucas notas a respecto da vida de Mario Rodríguez Gómez. Home, cuxa vida foi bastante singular, gozou da oportunidade de coñecer a Castelao nos seus últimos momentos de existencia. Cóubolle o honor de levar debaixo do brazo para a imprenta en Bos Aires o último dos libros do rianxeiro, As cruces de pedra na Galiza .   

Falemos de paisaxe

http://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/03/13/nordesia.pdf No suplemento Nordesía (DF) do domingo 11 de marzo, centramos o noso artigo sobre o concepto 'paisaxe'. O vocábulo, de uso ben común nos nosos días, sérvenos como reflexión acerca do que significou ou significa no momento actual e a aplicación dada en diferentes ámbitos. Singularmente, Ramón Otero Pedraio ten unha significación especial, a quen lle dedicamos algunhas liñas no artigo.

O lugar do Bacelar, de cemiterio a instituto

http://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/02/25/nordesia-26-02-2018.pdf Os terreos onde asentan as instalacións do actual IES Canido de Ferrol, alén da igrexa de San Rosendo e anexos, teñen unha interesante e curiosa historia. Este é o motivo principal que me levou a escribir este novo artigo para o suplemento Nordesía do Diario de Ferrol. Certo é que me une unha relación bastante singular con este lugar, pois fun veciño do barrio, estudei neste instituto e, hoxe en día, exerzo nel como profesor. Velaquí vos deixo, xa que logo, con este segundo artigo da sección "Termar do leme". 

Literatura e Reforma

  http://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/02/13/nordesia-11-02-2018.pdf   Lutero crava as súas 95 teses na igrexa de Wittenberg Agora, iniciando unha nova etapa no suplemento "Nordesía" do Diario de Ferrol, comecei escribindo o presente artigo en que tentei conxugar literatura e Protestantismo. Xavier Alcalá, Stefan Zweig ou Miguel Delibes son algúns dos autores que trataron acerca deste tema. A Reforma vén de celebrar o seu quinto centenario, velaquí unha pequena reflexión a propósito desta relevante efemérides. Xavier Alcalá