https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2018/04/09/nordesia.pdf
No suplemento Nordesía do Diario de Ferrol,
apetecíame regresar á figura de Isabel de Barreto, adiantada dos Mares
do Sur, esposa de Álvaro de Mendaña e descubridor das Illas Salomón na
súa primeira expedición. A miña primeira novela, "Mar para todo o
sempre", glosa a personalidade de ambos os navegantes. O caso é que case
trinta anos atrás, a figura desta muller soprendérame, quer polo seu
insólito ímpeto e decisión, quer pola capacidade de mando que desempeñou
sobre a frota unha vez falecido o seu home na segunda expedición, após
ter tomado as rendas, levando de volta os navíos até Manila.
Comentarios
Publicar un comentario