Saltar ao contido principal

Publicacións

Pequenos xestos que fan historia

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/06/16/nordesia-16-06-19.pdf No domingo pasado, 16 de xuño, xulguei interesante falar acerca da importancia desas pequenas historia que poden parecer menores e que, no fondo, terminan por atinxir unha certa carga simbólica, pois humanizan o grave aparello histórico, por veces demasiado intrincado e extenso. Deste modo convértense en potenciais episodios, óptimos quizais para formar parte dun relato inserido nunha novela, nun filme ou nunha peza de teatro, poñamos por caso. 

Binormativismo, unha opción de futuro

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/06/03/nordesia-02-06.pdf#page=8&zoom=auto,-82,842 A opción do binormativismo, a pesar de non se tratar de algo novo noutras realidades lingüísticas, mesmo de Europa, áchoa boa e posíbel para a lingua galega, sempre que for acompañada e amparada social e xuridicamente. A proxección internacional, así como a nosa autoestima talvez crecerían, unha vez ficase plasmada como unha realidade normalizada.  Para quen lle interesar, no suplemento Nordesía (DF) do domingo 2 de xuño. 

"As vidas de... Antonio Fraguas", unha biografía novelada

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/05/19/nordesia-19-05-2019.pdf?fbclid=IwAR0MtLHosVZIC56XL0RDOolHUtgbhA1aQpNsB_D-BhPbjnYZtBsYL4p72kA No domingo 19 de maio, aínda cos sabores do Días das Letras, Antonio Fraguas foi o motivo do artigo para o Nordesía do DF, por medio da recomendación deste libro, unha biografía novelada, de Xosé A. Neira Cruz.

Cando Leonardo Padura dialoga con Alberte Momán

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/05/05/nordesia-05-05-2019.pdf No pasado domingo, 5 de maio, publiquei na miña sección "Termar do leme", do suplemento Nordesía (DF), o presente artigo en que quixen achar analoxías entre o gran narrador cubano, Leonardo Padura, e o noso caro narrador e poeta, Alberte Momán. Refírome, sobre todo, a certos paralelismos entre a novela Herejes e o fermoso poemario do ferrolán, acabado de saír a lume, 1[14]1 (en Belagua, so dirección de Edurne Baines).   

De grutas e catedrais

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/04/21/nordesia-21-04-2019.pdf#page=7&zoom=page-fit,-325,977 No pasado 21 de abril escribiamos na nosa columna "Termar do leme", do suplemento Nordesía do DF, un artigo que quería ser unha reflexión acerca da impresión que nos causan as covas cársticas con respecto ás igrexas góticas.  Unha breve viaxe a León, coa visita á catedral, alén de ás Cuevas de Valporquero foron elementos chave que nos levaron a facer a inevitábel analoxía coa catedral de Notre Dame de París e a tremeda catástrofe desatada tras o seu incendio.   

Memoricidio

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/04/10/nordesia.pdf No domingo 7 de abril escribiamos na nosa columna do Nordesía, "Termar do leme", este artigo que tentaba facer unha reflexión, máis unha vez, acerca da nosa fraca memoria histórica. A entrevista que Julia Otero facía días antes a Carlos Hernández de Miguel sobre o libro que acababa de publicar, "Los campos de concentración de Franco", serviunos como detonante. Poucos días depois proxectárase na TVE o filme "El silencio de los Otros", documental galardoado nos premios Goya. Velaquí unha nova volta sobre a temática da represión, desaparición, infamia, escravos do franquismo, etc. que aínda hoxe temos silenciada. 

Neira Vilas e o mundo que se nos foi

https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/03/24/nordesia-24-03-2019.pdf Xosé Neira Vilas deixounos en 2015. O seu extenso legado fai parte ineludíbel de nós, sobre todo desde que Balbino entrou nas nosas vidas. A narración Aquel neno é unha sorte de texto homenaxe a quen el, Xosé Neira Vilas, foi e tantos outros foron. O mundo transformouse desde aquela de maneira clara, pero hai algo de nós que debemos ás súas prosas. Sirva, pois, este artigo como modesta homenaxe para quen tanto supuxo no mundo das nosas letras, así como un repaso da nosa diáspora e de Cuba en particular.