https://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/files/2019/04/10/nordesia.pdf
No domingo 7 de abril escribiamos na nosa columna do Nordesía, "Termar do leme", este artigo que tentaba facer unha reflexión, máis unha vez, acerca da nosa fraca memoria histórica. A entrevista que Julia Otero facía días antes a Carlos Hernández de Miguel sobre o libro que acababa de publicar, "Los campos de concentración de Franco", serviunos como detonante. Poucos días depois proxectárase na TVE o filme "El silencio de los Otros", documental galardoado nos premios Goya. Velaquí unha nova volta sobre a temática da represión, desaparición, infamia, escravos do franquismo, etc. que aínda hoxe temos silenciada.
Comentarios
Publicar un comentario