No domingo pasado, 16 de xuño, xulguei interesante falar acerca da importancia desas pequenas historia que poden parecer menores e que, no fondo, terminan por atinxir unha certa carga simbólica, pois humanizan o grave aparello histórico, por veces demasiado intrincado e extenso. Deste modo convértense en potenciais episodios, óptimos quizais para formar parte dun relato inserido nunha novela, nun filme ou nunha peza de teatro, poñamos por caso.
Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987. Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935. Ga...
Comentarios
Publicar un comentario