Saltar ao contido principal

Publicacións

Breves notas sobre toponimia urbana

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/06/28/nordes%C3%ADa.pdf Valorizarmos a nosa toponimia pasa tamén polos hodónimos, isto é, topónimos urbanos como viais, prazas, xardíns... No meu Termar do Leme falo dos Estudos de Onomástica Galega IV. Os nomes das rúas e dalgunha cousa máis relativa á designación dos lugares das nosas cidades e vilas. 

Redescubrindo Evaristo de Sela

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/05/31/nordes%C3%ADa%2031.pdf Home feito a si mesmo, fillo de campesiños da parroquia de Sela, no concello de Arbo, labrou o seu futuro a base de esforzo. Home progresista, fuxiu para Portugal cando soubo da fereza do bando nacional. Foi encarcerado durante seis anos e, desde aí, pouco a pouco, foi construíndo a personalidade que o habería de singularizar en adiante. Estudaría grego no cárcere, ademais doutros idiomas como francés, alemán, inglés e italiano. Tradutor e profesor de linguas clásicas, alén de poeta, Evaristo de Sela descóbrese como un virtuoso e intelectual ao que lle deberamos facer xustiza, incorporándoo de xeito adecuado nas nosas letras.  tradución de Evaristo de Sela d' A Ilíada poemario de Evaristo de Sela

O Carvalho que puido ser

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/05/17/nordes%C3%ADa%2017-05-20.pdf Como non podía ser doutra maneira, o meu "Termar do Leme" tiña que ser para Ricardo Carvalho Calero. A Covid-19 imposibilitou unha publicación especial polo Día das Letras Galegas. Este é o meu pequeno tributo desde o Diario de Ferrol. 

Sobre a historia da escrita e o libro

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=2294182950888716&set=a.1421863224787364&type=3&theater No meu "Termar do leme" (Nordesía, DF) do 3 de maio, centro a atención no fermosísimo libro "El infinito en un junco", de Irene Vallejo". Os trinta séculos desde a invención da escrita até o momento actual desfilan ante nós deixándonos abraiados. Un ensaio fascinante que lemos case como unha novela, ademais da lembranza á Livraria Bertrand, co seu manifesto, aínda máis pertinente, se callar, en tempos de pandemia.

La madre de Frankestein

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/04/19/nordes%C3%ADa%2019-04.pdf A última novela de Almudena Grandes, inserida dentro da serie "Episodios de una guerra interminable", responde ao estilo da autora. Trátase, pois, dunha narración poliédrica e amena, con moitas voltas, tal e como nos ten acostumados. Pena, no entanto, que a centralidade que lle presupuñamos a Aurora Rodríguez Carballeira, fique en tan segundo plano. Quérese dicir, está lonxe de ser a historia máis destacada do relato, que si recae no Dr. Germán Velázquez, psiquiatra que a atende entre 1954 e 1956, e María Castejón, neta do xardineiro e a quen Aurora ensinou a ler e escribir.   

"Galicia, un relato no mundo"

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/04/05/nordes%C3%ADa%2005-04-20.pdf "Galicia, un relato no mundo" é a exposición máis ambiciosa sobre a nosa presenza, como Galiza e galegos , a través dos tempos polo mundo. Podémola visitar no monte Gaiás, na Cidade da Cultura. Interesantísima pola diversidade de propostas (o Guerreiro de Lesenho, o Libro das Invasións ou Lebor Gabála Érenn, unha talla do Sebasteion de Afrodisias, o Mapa de Sawley, o Itinerario de Exeria, a Biblia Kennicott, o Cancioneiro da Vaticana, a "Santa" de Asorey...), así como o percorrido histórico a que podemos asistir. 

"Través do trebón": unha narrativa torrencial

https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/03/29/nordes%C3%ADa.pdf Esta é a última novela de Vicente Araguas, un tributo á súa cidade natal, circunscrito a un período convulso de fidelidades e desafectos. Son os días previos ao golpe militar do 36, iniciado en África, e que acabará por triunfar tamén aquí. Marcelo Glaría, tenente de navío, encarna un dos papeis protagonistas xunto a un rapaz de case dezaseis anos, Vitolo. A vida intramuros (no Arsenal) e a da cidade (Astaleiro, transunto de Ferrol) vese intranquila e baixo a ameaza do que está a punto de acontecer. Unha novela vívida e torrencial que retrata á perfección un estado de ánimo e un perfil de cidade tan de noso e que, Araguas, sabe  retratar  con mestría.