https://diariodeferrol.opennemas.com/media/diariodeferrol/files/2020/05/31/nordes%C3%ADa%2031.pdf
Home feito a si mesmo, fillo de campesiños da parroquia de Sela, no concello de Arbo, labrou o seu futuro a base de esforzo. Home progresista, fuxiu para Portugal cando soubo da fereza do bando nacional. Foi encarcerado durante seis anos e, desde aí, pouco a pouco, foi construíndo a personalidade que o habería de singularizar en adiante. Estudaría grego no cárcere, ademais doutros idiomas como francés, alemán, inglés e italiano. Tradutor e profesor de linguas clásicas, alén de poeta, Evaristo de Sela descóbrese como un virtuoso e intelectual ao que lle deberamos facer xustiza, incorporándoo de xeito adecuado nas nosas letras.
|
tradución de Evaristo de Sela d' A Ilíada |
|
poemario de Evaristo de Sela |
Comentarios
Publicar un comentario