Saúdos aos que poidades estar a ler as nosas primeiras letras e tenteos neste blogue principiante. Que non foi sen tempo, poderíase até pensar. Mais aí vai por fin. Neste día que, como outro calquera, iniciamos unha nova andaina, mesmo non falta de ilusión. Unha estrea coa que facemos propósitos de que habemos de pór o mellor dos nosos empeños para a navegación tomar o axeitado rumbo. O meu maior respecto e agradecemento, xa que logo, para todos vós. Así pois, benvindos a esta nova aventura en que nos enrolamos <<por mares nunca dantes navegados>>.
Henrique.
Henrique.
Comentarios
Publicar un comentario