A Sociedade Cultural Columba nace en 1997 na parroquia de Covas, San Martiño de, do concello de Ferrol. Sería esta o resultado doutras asociacións precedentes. O ámbito de emprendemento ten que ver coa cultura no seu sentido máis lato, de maneira que se abre a todo tipo de iniciativas que abranxan nalgún aspecto <<o estudo e investigación histórica da zona, así como a protección e restauración do patrimonio cultural existente>>, tal e como reza nos seus estatutos e no inicio da páxina web: http://www.sociedadecolumba.com/columba.php.
ermida de Santa Comba
De ben nacidos é ser agradecidos, dinos o refrán, e ben certo é que o estamos. Desde o número 3 da revista levamos colaborando nela case sen interrupción. Unha boa parte dos nosos artigos versan sobre toponimia, mais tamén sobre antroponimia, sobre literatura e até algunha creación literaria propia tamén hai. É meritorio o esforzo feito pola sociedade, pois a publicación vaise enchendo de contidos, páxinas —algún número pasando das 150— e articulistas de relevancia. Así pois, temas filolóxicos (toponimia, antroponimia...), tradición oral (lendas, contos...), sucesos e historia local, folclóricos, arqueolóxicos, etc. van conseguindo que esta revista se converta nun dos sinais identitarios da parroquia.
Unha volta pola web sérvenos para entender o grande e xeneroso traballo que existe no seu seo. O seu nome, Columba, non é un elemento casual. Responde á ermida do mesmo nome, Santa Comba, que se comezaría a construír sobre o século XI. Situada sobre unha illa case pegada a terra, conta coa súa propia lenda, pois a santa viría navegando nunha barca de pedra, a cal se encontra a uns cantos metros de distancia do monumento medio soterrada; trátase dunha pía. Outra máis das lendas arredor das barcas petrificadas, tal o caso do Santo André de Teixido, a non moitos quilómetros de Covas. Así mesmo, conta coa súa romaría.
pía de Santa Comba
É interesante, a este respecto, a cata arqueolóxica feita anos atrás, da cal naceu unha publicación: Santa Comba. Un Referente Arqueológico en la Costa Ferrolana. Esta cata arqueolóxica fálanos de restos altomedievais, pero tamén anteriores, castrexos, pois acháronse fornos de fundición da Idade do Ferro. Alúdese, igualmente, a enterramentos dun antigo cemiterio que poderían remontarse ao século XII, talvez aos dunha pequena congregación relixiosa.
praia de Sta. Comba e restos dun antigo naufraxio |

A xeitosa biblioteca, as actividades culturais (marchas pedestres, contacontos...), os álbums de fotografías de que se vai nutrindo (o bosque fosilizado de Ponzos ou Bosque dos Loureiros, os naufraxios, os hórreos...), a recolla toponímica, etc. ilustran acerca do bon facer desta entidade, exemplo a seguir sen dúbida. Honrámonos, pois, de pertencer a esta sociedade, así como de participar desta interesante revista. Desde aquí anímoos xa a que a queiran descubrir.
restos do bosque fosilizado (praia de Ponzos)
Comentarios
Publicar un comentario