Un, que cada vez máis tende a ser desmemoriado, si se lembra polo momento de cando comezou a colaborar para o Diario de Ferrol. O amigo Nicolás Vidal, sendo naquela altura Germán Castro o director do xornal, propuxérame a posibilidade de participar no suplemento Nordesía, o cal continúa a publicarse aos domingos. Cunha pouca de cohibición e medo de non se saber axustar un ao espazo marcado, arrancamos o 16 de maio de 2004 co artigo “As
Letras en Ferrol: un signo de normalidade”. A estrea, como cabía esperar, gardaba o non pequeno problema antes aludido. A extensión do escrito excedía o estipulado, de aí a necesidade de facer un segundo artigo para o outro domingo, o cal titulamos “As
Letras en Ferrol: breves notas”. O caso é que esta colaboración durou para o Nordesía até o 2 de xaneiro de 2011 en que nos despediamos con “Clubs
de lectura e outros ocios”. Cincuenta foron os artigos escritos para a columna 'Enfiando'. Cincuenta artigos en que foron abordados temas de literatura principalmente, pero tamén de cinema, de ocio, de sociolingüística, de viaxe, etc. e en que, iso si, e fóra do problema de extensión antes vista, a liberdade foi practicamente absoluta.
Pero a efeméride á que nos queriamos referir é á dos 100 artigos que vimos de facer onte xoves, día 17 de xullo, neste caso na columna 'La Ventana', tamén do Diario de Ferrol. Comezamos co artigo “De lesa traizón”, o 13 de outubro de 2010, e fixemos o artigo nº100 con “E Obiang falou de fútbol con Rajoy” (http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/obiang-falou-futbol-rajoy/20140717014152093078.html). Novamente a liberdade máis absoluta ten sido a tónica xeral até este momento. As temáticas abordadas continúan sendo de distinto xorne, se acaso agora máis variadas. A literatura segue tendo espazo nelas, pero tamén a política, a temática social, cinematográfica, musical, etc. Xa que logo, non queriamos deixar de pasar esta oportunidade para agradecer a cantos confiaron en nós desde un principio, agora tamén ao actual director do xornal, Carlos Miragaya, pois foi quen nos propuxo iniciar esta segunda andaina, un bocadiño distinta á que antes desenvolviamos, pero na que cada vez imos collendo maior destreza, polo menos canto ao número de caracteres para non exceder o exixido. A todos vós, tanto para os que na propia casa, o Diario de Ferrol, confiastes en min para colaborar desde as vosas páxinas, como aos meus lectores, douvos infinitas grazas, pois achegades o mellor dos ánimos.

Comentarios
Publicar un comentario