http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/filme-mustang/20160407003254150950.html
Unha breve reflexión acerca deste belísimo e delicado filme franco-turco titulado Mustang. Un grito profundo e desgarrado por romper amarras cunha sociedade machista e opresiva que, quer por forza do costume, quer por unha hostilidade de xénero firmemente asentada, coloca o espectador nese mundo, infelizmente, tan común ás nosas sociedades. Aquí trátase de Turquía, mais é calquera outro lugar do planeta en que pode estar a acontecer. Filme de protagonismo e dirección feminina, que a ninguén pode deixar indiferente. Premiado na Seminci de Valladolid, ao Goya na categoría de filme europeo, nominada aos Oscar e aos Globos de Ouro de lingua non inglesa, 4 premios César, premio do Cinema Europeo tamén, etc.
Comentarios
Publicar un comentario