http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/poetica-porto-leis-ultimo-alcalde-serantes/20170906233404201665.html
Neste artigo do Diario de Ferrol detéñome a falar un bocadiño acerca de Alejandro Porto Leis, o último alcalde do que fora concello de Serantes, a partir de 1940 integrado no de Ferrol. Entre as súas facetas, destacamos tamén a poética. É moito o que aínda resta por dicir deste home singular, "paseado" na praia da Frouxeira en 1938, xuntamente con outros tres homes: Modesto del Río, de San Xurxo, Jesús Miño, da parroquia de Mandiá, e Avelino Landeira, da de Santa Mariña. Eis o artigo para quen o quixer.
Comentarios
Publicar un comentario