http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/alvaro-paradela-ser-xenial-polivalente/20171004224055204528.html
No artigo do Diario de Ferrol do 5 de outubro rescato a figura do polifacético Álvaro Paradela/Amaro Orzán. O libro Diálogos con Álvaro Paradela. Ensaio, poesía e xornalismo, do amigo Germán Castro é, se cadra, unha bonita e interesante maneira de se achegar á vida e obra deste magnífico ser, médico de profesión e humanista. Así pois, quen quixer ampliar información sobre o creador do afortunado neoloxismo 'Ferrolterra' ou do de 'Breogania', recoméndolle vivamente a lectura do citado libro publicado polo Club de Prensa de Ferrol.
Comentarios
Publicar un comentario