No meu #termardoleme do domingo 18 de outubro, do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol, deixei esta breve lectura, como leigo na materia que son, sobre o filme "A illa das mentiras", que puiden ver no cinema Dúplex da miña cidade esta semana pasada. Recoméndovola vivamente.
Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987. Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935. Ga...
Comentarios
Publicar un comentario