Florencio Delgado Gurriarán nace en 1903 na localidade valdeorresa de Córgomo. Por razóns laborais, o pai será destinado a terras castelás, de modo que acabará por facer o seu bacharelato en Palencia, e en Valladolid estudará a carreira de Dereito. Exercerá a avogacía no Barco de Valdeorras e ingresará no Partido Galeguista en 1933. É por esta razón que escapará da represión exercida polos sublevados en 1936 . Farao primeiro a Zamora e a Portugal despois (refúxiase primeiro nunha casa de Tourém), saíndo desde o Porto nun barco noruegués a Francia, para pasar despois novamente á zona republicana. No entanto, terminada a guerra, cruzará outra vez a fronteira, embarcando no navío Ipanema con destino á cidade mexicana de Veracruz, xunto con centenares de refuxiados republicanos. Neste país xa asentarase de modo definitivo. Falecerá en 1987. Catro son os poemarios publicados por Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira , Nós, Santiago de Compostela, 1935. Galicia infinda , Sal
Moi interesante este artigo que combina a recensión de tres obras; eu lin o de Luz Darriba, e concordo totalmente. Só engadiría o gran atractivo da expresión, absolutamente envolvente, que dalgún xeito 'compensa' a quen le de tanta maldade que latexa nas páxinas desta obra. O argumento é brutal, pero a narración é deliciosa. Penso que iso é un logro extraordinario da autora.
ResponderEliminarÁ marxe desta reseña en concreto, aproveito para agradecer que disponibilices estes materiais na rede, pero a calidade da imaxe é moi baixa, resulta dificilísimo ler o texto, mesmo agrandándoo todo o posible.
Sinto moito que a calidade da imaxe sexa esa, pero non creas que teño mellor maneira de presentala. Antes o Diario de Ferrol servía o PDF completo do Nordesía e agora teño que pedir de favor a un amigo que me vaia pasando a miña colaboración en PDF. Oxalá o puidese arranxar! De todos os xeitos, agradezo inmenso que che teña gustado.
ResponderEliminar