Un inédito de Ramón Otero Pedrayo achado na biblioteca do IES Concepción Arenal de Ferrol motivou o meu #termardoleme do suplemento #Nordesía do #diariodeferrol do domingo 6 de agosto. Escrito en español —non andaban os tempos para o verter ao galego—, este pequeno texto fai parte agora desta publicación editada polo instituto ferrolán, que tamén conta coa súa tradución para o galego, ademais doutras achegas de natureza biográfica e autorial, un roteiro Viveiro-Cee, dous apéndices fotográficos etc. Aquí volo deixo.
Comentarios
Publicar un comentario