Saltar ao contido principal

Publicacións

Escavacións en terras bíblicas

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/escavacions-terras-biblicas/20171018231112205901.html  Neste artigo do Diario de Ferrol falo acerca dunhas novas escavacións arqueolóxicas da UDC, coordinadas por Juan Luis Montero Fernollós, agora en terras de Palestina. Falo tamén de como a Biblia, de xeito paralelo, é capaz de xogar aquí un papel relevante.

Álvaro Paradela, un ser xenial e polivalente

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/alvaro-paradela-ser-xenial-polivalente/20171004224055204528.html No artigo do Diario de Ferrol do 5 de outubro rescato a figura do polifacético Álvaro Paradela/Amaro Orzán. O libro Diálogos con Álvaro Paradela. Ensaio, poesía e xornalismo , do amigo Germán Castro é, se cadra, unha bonita e interesante maneira de se achegar á vida e obra deste magnífico ser, médico de profesión e humanista. Así pois, quen quixer ampliar información sobre o creador do afortunado neoloxismo 'Ferrolterra' ou do de 'Breogania', recoméndolle vivamente a lectura do citado libro publicado polo Club de Prensa de Ferrol. 

Cataluña, "of course"

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/cataluna-of-course/20170920224548203116.html Como non podía ser doutra maneira, tiven que escribir sobre Cataluña. O título do artigo desta vez é <<Cataluña, "of course">>. Quen se pode subtraer, cando tanto está en xogo? Perdóeme o amigo Marco Neves se me apropiei de tan atinadas palabras (como as súas) para escribir esta miña pequena opinión. A propósito, despois dunhas aspas latinas ou francesas, na segunda liña do artigo da versión dixital, non aparece o texto, <<Espanha é a nação mais antiga de Europa!>>, cita pronunciada por Mariano Rajoy. 

A poética de Porto Leis, último alcalde de Serantes

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/poetica-porto-leis-ultimo-alcalde-serantes/20170906233404201665.html Neste artigo do Diario de Ferrol detéñome a falar un bocadiño acerca de Alejandro Porto Leis, o último alcalde do que fora concello de Serantes, a partir de 1940 integrado no de Ferrol. Entre as súas facetas, destacamos tamén a poética. É moito o que aínda resta por dicir deste home singular, "paseado" na praia da Frouxeira en 1938, xuntamente con outros tres homes: Modesto del Río, de San Xurxo, Jesús Miño, da parroquia de Mandiá, e Avelino Landeira, da de Santa Mariña. Eis o artigo para quen o quixer. 

Por terras de don Vito Corleone e Salvo Montalbano

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/terras-don-vito-corleone-montalbano/20170823210009200197.html A bela Sicilia é o motivo do artigo do Diario de Ferrol deste 24 de agosto. Dúas personaxes de ficción, don Vito Corleone e Silvo Montalbano, saídas da pluma de Mario Puzo e Andrea Camilleri respectivamente, son unha boa escusa con que argumentar un extenso periplo por terra sicilianas, de oeste para leste. Arte, historia, ocio, paisaxes, sociedade... dan fisonomía a este artigo, cuxa visión sobre tan fascinantes terras insulares servirá para abrir boca a aqueles que talvez non as coñezan, e un itinerario de sensacións, aínda que persoais e intransferíbeis, para aqueloutros que, coñecéndoas xa, poidan así contrastar coa súa propia experiencia . Velaquí volo deixo.   

Wenceslado Fernández Flórez: escritor en galego?

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/wenceslado-fernandez-florez-escritor-galego/20170812214954199092.html Foi realmente Wenceslao Fernández Flórez escritor en lingua galega? Dúas noveliñas en galego darían fe de que si. Canto hai de real e canto de impostado? De feito, A miña muller (1924) inauguraría a colección Lar, presidida por Leandro Carré. Esta é a razón destoutro artigo no Diario de Ferrol. 

Sobre arqueoloxía no Barbanza e outros

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/arqueoloxia-no-barbanza-outros/20170726225445197405.html As fontes arqueolóxicas están nos últimos tempos a brindarnos enormes satisfaccións no noso país. Non só a través de elementos da cultura castrexa ou romana, senón tamén dos xacementos como os da Cova de Eirós e outros que aínda nos han de deparar moitas sorpresas de aquí en adiante. De todo isto e algo máis falo neste artigo para o Diario de Ferrol.