Saltar ao contido principal

Publicacións

Toponimia de Canido

Aspecto da capa e contracapa de Toponimia de Canido O pasado día 24 do mes en curso, Fernando Cabeza Quiles, un dos máis reputados expertos en toponimia do noso país, deu unha interesante conferencia no IES Canido de Ferrol. Dita conferencia enmarcouse dentro das actividades que a Asociación Sociocultural Muíño do Vento, agrupación moi activa do barrio, e o propio instituto de Canido, están a levar a cabo con motivo de tentar recuperar, fixar e estudar a súa toponimia. O día 28 fíxose a presentación pública do libriño Toponimia de Canido , resultado desta proposta tan interesante e atractiva que alumnado de 1º da ESO realizou durante o curso 2013-2014, coa colaboración de profesorado —Carmen Cuesta García e Arturo Cribeiro Bouzamayor—, de veciños —especialmente José María González Dopico—, e do ilustrador Miguel Anxo Romero López. A inmensa sabedoría e didactictismo achegados polo conferenciante, testemuñados nos seus tres libros principais, Os nomes de lugar , Os nomes da ter...

A propósito d'A praia dos afogados

Primeira edición da novela Na gabeta en que repousan tantas prosas atrasadas, esas en que a nosa actividade académica se vai tamén centrando, quer con maior, quer con menor interese segundo os casos, vanse amontoando resmas de papeis ás que por veces vemos acharlles a posibilidade de poder dar unha segunda vida. Estamos a falar de reflexións sobre lecturas, de rascuños ou estudos máis ou menos pormenorizados acerca de libros que fomos lendo e que xa non son novidade, mais que merecen toda a nosa consideración, tal é o caso do que a seguir trataremos. E estámonos a referir, nada menos!, que á exitosa  A praia dos afogados , de Domingo Villar. Á parte de se tratar dunha narración moi ben levada —abordarémola logo con máis detalle—, é talvez a novela negra máis importante que ten dado a literatura galega até este momento. Non en van, o forte carácter cinematográfico que nela latexa, logrou cativar o interese de Gerardo Herrero, director do filme do mesmo nome que está a...

Latexos de intensa vida n' A distancia do tambor

Poesía afianzada na mesma forza que o seu río, o Eume, ou que nas inmensas lagarteiras, as espectaculares mareas vivas do verán que tanto nos asombrarán sempre. Así, asíndose á vida, xa for nese " fragmento cúbico de chuvia que escribe sen percusión posible " o seu ciclo da auga, da vida en fin, trazada con todas as súas arestas; xa for no eu ontolóxico que tenta aprehender a casa que foi e que o paso do tempo levou consigo: " A onde irá esta pel do tempo / envolta en corrosivas ondas? "; xa nas cicatrices que a idade vai deixando cal amósegas: " Miro a foto da nena / tanto tempo extraviada [...] / fáltanlle aínda os anos / da invisible cicatriz ". Eva Veiga abunda de novo nesa expresividade tan propia, cada vez máis depurada, pura, libre de ornamentacións, cuxo afán é a procura da esencialidade da palabra, da mensaxe, e que xa no seu anterior poemario se fixera máis patente que nos seus precedentes se cabe. Referímonos a A frecha azul do teixo . Alg...

Ecos rosalianos en Nubes de evolución

capa de Nubes de evolución Amanda, unha rapaza nova, traballa de limpadora na estación de autobuses. Compaxina esta actividade coa de camareira nunha cafetaría. É mai solteira e ten dezanove anos. Todos os días cóntalle á filla, Ánxela, o que lle acontece entrementres está ausente. A nena está ao coidado de súa avoa até que regresa do traballo.  Nubes de evolución , de Andrea Maceiras, está narrado en primeira persoa, con distintas voces que van aparecendo ao longo da narración: a da propia Amanda, a de Uxío e a de Luís.  As vidas destes tres personaxes, ao tempo que narradores, acábanse encontrando na estación de autobuses. E todo comeza por unha pintada que di: <<WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?>>. Amanda debe limpala, pero non o fai. As dúas persoas, Uxío e Luís, ollan curiosos para a frase escrita na parede con letras vermellas. Pídenlle, encarecidamente, que non a borre. Pero previamente a este suceso, Amanda tivera dous contratempos, un con ca...

O Cabo do mundo: algo máis que un balcón ao Sil

Carlos Pereiro ten 47 anos e un cancro terminal. Decide, aínda non sabemos por que, escribir unha novela que terá que ver coa memoria histórica. Comezará a indagar sobre uns feitos acaecidos a raíz do enterro de seu pai, Serafín , alias o ‘ Teixo ’. No cemiterio alguén, un tal Curuxás , como logo saberá, chamará ao defunto ‘asasino’. E aquí estará o detonanate para así Carlos, tamén coñecido como Charli, iniciar unha complexa, difícil e tola viaxe cara ao pasado, no tempo do comezo da Guerra Civil española. O porqué de que se decida a escribir a novela débese a que Reina , un importante amigo que lle xurdirá ao longo das súas investigacións, o anime a que todo o poña por escrito, mais como ficción. Eis o inicio da moi recomendábel e intensa narración que Xabier Quiroga publicou en 2009. A procura da verdade sen concesións para tentar saber quen é un mesmo,  e a pesar de que poida acarrexar até funestas consecuencias, está presente no relato. Tamén o horror da represión fran...

Librarías: un paso adiante e outro atrás

José Luis Santalla á porta do Quijote As transformacións que están a suceder no mundo do libro son evidentes. O 21% do IVE imposto polo goberno é un brutal machadazo na mesma liña de flotación da industria. Máis, se cabe, no caso do libro autóctono, cuxo mercado, moito máis cativo, ten que medir con maior tino os seus pasos. A cautela, con todo, non é receita única cando se aperta un bocado de máis o gañote. As librarías sofren, xa de tempo atrás, este vil acoso por parte de quen fai orellas moucas á industria cultural. Ben ao contrario, ultimamente mesmo tenta acabar con ela, acaso porque até poida que sexa demasiado molesta aos seus intereses, quérese dicir, ao seu discurso único. Véñennos á cabeza queimas de libros en épocas diversas, pois que a lectura e o coñecemento, polo que se ve, continúa a ser un comportamento subversivo. O Inquisidor Xeral Domingo de Guzmán preside unha queima de libros Días atrás baixaba definitivamente a persiana J...

A ponte sobre o Drina, unha difícil encrucillada

Ivo  Andrić, Nobel de Literatura 1961  A historia que nos conta Ivo Andrić n' A ponte sobre o Drina non é unha historia ao uso. O protagonismo dilúese perante o número elevadísimo de personaxes que van desfilando ao longo das súas páxinas. A novela arranca no séc. XVI e prolóngase até o séc. XX, co inicio da Iª Guerra Mundial, precedida das Guerras Balcánicas. Se houbese que falar de protagonismos, este, sen dúbida, terá que recaer sobre a propia ponte, motivo do título da narración. É importante írmonos familiarizando cos vocábulos que aluden a distintos elementos, sexa da propia ponte, sexa da cidade, sexa da sociedade conformada por distintas etnias, ademais de por confesións relixiosas. Višegrad é a poboación motivo do relato. Trátase dunha pequena cidade á beira do río Drina que, polo que nos conta César Antonio Molina no epílogo, é un afluente do Sava, que á súa vez o é do Danubio. Aquí, en Višegrad, outro río menor, o Rzav, tamén afluente pero do Drina, se...