Saltar ao contido principal

Publicacións

A reedición de "O anarquista", de Leandro Pita Romero

http://www.diariodeferrol.com/opinion/henrique-dacosta/chamabanlle-anarquista/20141231005307111273.html Reedición da CNT de 2009 Na década que vai de 1920 ao 1930 prodúcese unha eclosión da narrativa breve en lingua galega. O labor de conciencia exercido desde as Irmandades da Fala, obtén os seus froitos. Porque, de feito, será tanto o teatro, coa fundación do Conservatorio Nacional de Arte Galega, en 1919, como coa publicación de novelas curtas, que se pretenderá conseguir chegar a un estadio de normalidade dentro do proceso cultural de Galiza. O suplemento do xornal El Noroeste da Coruña, Terra, a nosa!, dá a coñecer a Vicente Risco como narrador. Publica Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros (1919). Xaime Quintanilla crea a editorial Céltiga en Ferrol, que publicará en 1922 Un ollo de vidro de Castelao. Na Coruña por súa vez, e entre 1924 e 1927, créase a editorial Lar, dirixida por Leandro Carré Alvarellos, que dará a lume unha corentena de títulos, entre os que desta...

O inimitábel Eduardo Fra: "El carnaval de filósofo"

"El carnaval del filósofo" é de 2004 A escrita de Eduardo Fra Molinero é, simplemente, inimitábel. Na súa sinxeleza, dáse unha precisión de difícil imitanza, moi do gosto dun lectorado extenso. Claro exemplo deste estilo, son as colaboracións xornalísticas, tan apreciadas por unha audiencia fiel a eses seus relatos ou contares de xorne tan coloquial, e aparencia, por veces, case banal. Mais lonxe diso, e dunha lectura que puidese parecer epidérmica, a profundidade e calado reflexivo en que normalmente nos mete como lectores, coloca os seus escritos na senda dese alto xornalismo que o que acaba, en verdade, é por crear escola. Eduardo Fra non é novo nisto das lides literarias. Mais tampouco este libro de narracións breves, El carnaval del filósofo , é a súa última publicación, non en van xa conta con dez anos de vida. Á parte da narrativa, e non só é a breve a que cultiva, ten preferencia polo xénero teatral. Alén da deliciosa novela en español,  E...

"Nos vemos allá arriba"/"Au revoir là-haut", de Pierre Lemaitre

Capa da novela "Nos vemos allá arriba" Excelente e descarnado relato que arranca nos últimos días da Grande Guerra, en novembro de 1918. Está a punto de ser declarado o armisticio, pero o tenente d'Aulnay-Pradelle dá a orde de ataque, co fin de ser tomada a cota 113. Previamente, elixirá a Louis Thérieux e a Gaston Grisonnier, un rapaz e un vello, para unha misión de recoñecemento. Ambos serán mortos. Os seguintes en ser mandados haberán de ser Albert Maillard e Édouard Péricourt. Están en perigo, pois este será ferido e aquel caerá dentro do cráter dun obús, que é moi profundo. Ficará enterrado logo de que outra bomba rebente a pouca distancia e estea así a punto de morrer sepultado. Édouard Péricourt, porén, conseguirá desenterralo antes que morra asfixiado. Este, con todo, caerá gravemente ferido ao estoupar un obús a pouca distancia, o cal lle levará parte da cara. Albert Maillard, unha vez recobrou a respiración e o sentido, arrastrou o seu salvador até a trinc...

Miguel Sousa Tavares e o seu "Equador"

Capa do romance "Equador" 1.- ARGUMENTO : Luís Bernardo Valença pertence à alta burguesia lisboeta. Seu pai deixa-lhe em herança a posição de sócio principal de uma companhia de navios que fazem diferentes rotas comerciais. Estamos a falar da Companhia Insular de Navegação, encarregada de transportar cargas e passageiros entre a ilha da Madeira, as Canárias, o arquipélago dos Açores e o Cabo Verde. A vida do homem é regalada, despreocupada, entregue ele às reuniões e tertúlias com pessoas da boa sociedade lisboeta. Goza da amizade, por exemplo, de Bernardo de Pindela, conde de Arnoso, o qual faz parte do grupo de “Os Sobreviventes”, justamente em oposição ao de “Os Vencidos da Vida”, de que participava no seu momento Eça de Queiroz. Essa vida nocturna lisboeta de que o Basílio tanto se queixava (falamos do do seu romance O primo Basílio ) por falta de locais onde poder desfrutar, e que nestes se tornava todo o contrário, dispostos a extrair daquela vida capitalina...

No centenario do nacemento de Hildegart

Cartaz anunciando o congreso Con motivo do centenario do nacemento de Hildegart Rodríguez Carballeira, celebrouse entre o 5 e o 7 deste mes de decembro un congreso sobre a súa figura no Ateneo Ferrolán. O rehabilitado edificio, en cuxo salón de actos se contou coa participación dos máis diversos expertos e expertas na materia, acolleu (e aínda acolle) unha interesante exposición con paneis explicativos e diversas publicacións ao respecto. Paralelamente a este, houbo actos na Coruña e tamén en Madrid, auspiciados polo citado ateneo de Ferrol.  Hildegart Rodríguez Carballeira, filla da filicida Aurora Rodríguez Carballeira, foi triste actualidade polo seu tráxico asasinato acontecido o 9 de decembro de 1933. Súa mai, Aurora, que xulgara que o seu proxecto euxenésico e perfecto, Hildegart, saíra errado, mátaa a sangue frío de madrugada entrementres durmía. Hildegart fora infeliz noticia naquela altura por causa de tan brutal asasinato, e da loucura ou non dunha iluminada, súa...

"Os desherdados" no club de lectura do Sofía Casanova

O pasado 25 de novembro tivemos o inmenso pracer de participar no Club de lectura de Adultos do IES Sofía Casanova de Ferrol. De antemán xa, dicir que foi para min un acto emotivo e tremendamente gratificante poder charlar da miña obra de maneira tan distendida. Os lectores, verdadeiros entregados á causa, fixeron unha análise de novela exhaustivísima, tanto que mesmo me deixaron atónito por tamaño partido como lle foron tirando. A profesora e amiga, Pilar Berrio, actuou de presentadora da actividade, glosando aspectos de carácter biográfico, pero que, para a nosa sorpresa, se estenderon até límites insospeitados cun power point en que con total pormenor fixo unha localización xeográfica da novela, un estudo psicolóxico dos personaxes, así como do estilo e da lingua, explicación do título, temas, estrutura, etc. [Con este propósito, deixo aquí ligazón:  http://lecturasnosofia.blogspot.com.es/2014/11/encontro-con-henrique-dacosto-un.html ] A escrupulosidade posta na i...

"A esmorga" foi e será unha festa

Baixo o título de "Esperando a estrea d' A esmorga : unha novela cinematográfica", presentábase o pasado 10 de novembro en Sargadelos-Ferrol, o filme homónimo do director Ignacio Vilar. No acto público celebrado a tal propósito participamos —nunha pequena exposición e posterior coloquio—, convidado pola Asociación Medulio. (Debemos apuntar que a sala estaba ateigada, mesmo facéndose insuficientes as cadeiras para poder sentar a tanta xente.) Así pois, e en tan expectante acto, tivemos o pracer de compartir táboa redonda, á parte de co citado director de cinema Ignacio Vilar ( Pradolongo , Vilamor ...), tamén co escritor e último premio Blanco Amor de Novela, Jorge Llorca, ademais de co profesor, crítico e ensaísta Manuel Rei Romeu. Tratábase da análise e presentación, previa ao visionado oficial, que había de ter lugar o venres 14 de novembro. Claro está que os contertulios contabamos coa vantaxe de tela visto antes, se ben en pantalla pequena, por necesitarmos ...