Saltar ao contido principal

Publicacións

O sempre singular Fernández Flórez

Polémicas á marxe acerca da ideoloxía e posicionamento de Wenceslao Fernández Flórez a prol do réxime franquista, a súa singular escrita séguenos atraendo e parecendo fresca por máis anos que pasen por ela. Días atrás acababamos de ler El hombre que compró un automóvil , e debemos recoñecer que non temos máis que sensacións positivas logo de chegado á última das súas páxinas, polo que lles aconsellamos que o lean se o que queren é pasar uns felices momentos de diversión, e até con abertas gargalladas. O humor hilarante, absurdo, tan á moda no momento e de que Wenceslao Fernández Flórez se vale, consegue verdadeiras pasaxes antolóxicas. O propio arranque da narración, un home que quere cruzar unha rúa, convertida esta nun infernal trafego de vehículos sen piedade para o peón, e que logra chegar, non sen enormes dificultades, até unha illa de cemento e que se converte na dunha sorte de Robinson Crusoe, non nos pode deixar indiferentes. Outro náufrago reside xa alí, cun farol que lles...

Ciencia ficción, literatura de anticipación...

O xénero que adoitamos denominar como ciencia ficción levanta non poucas controversias, pois as vertentes que se poidan tomar a este respecto están en función do prisma que a el lle poidamos aplicar. Unha, que tal puidese ser para o caso, inclinaríao cara a unha vertente se cadra máis fantasiosa, entrementres outra caería con maior facilidade no campo, cando menos, da probabilidade, de algo non descartábel na realidade e que anticipa o que haberá de acontecer nun futuro. Diremos, xa de antemán, que non somos moi dados á lectura deste xénero de literatura, pero vén ao caso logo de que por fin nos animásemos a ler unha novela de Stephen King, neste caso so o pseudónimo de Richard Bachman. Sen dúbida que faría parte deste misceláneo caixón de xastre chamado ciencia ficción. Estamos a falar da narración que en portugués foi traducida como O concorrente , e que en español —que é o idioma en que finalmente o lemos—, El fugitivo . Etiquetas á parte, Xulio Verne sáenos de novo ao paso. E se ...

O ouro de Rande

O creador de ficción literaria acostuma tirar do fío dos episodios históricos de xeito habitual, é algo recorrente. Tanto aqueles episodios que teñan unha base sólida e coñecida como aqueloutros en que un halo de enigma lle poida servir de marco referencial. Estes últimos, abofé, apropiados cando o que se ha de procurar se antolla como inesperado. Así pois, os coñecidos galeóns de Rande, se cadra porque ficou na memoria colectiva de forma case que mitolóxica, son un destes episodios enigmáticos tan do gosto de moitos lectores. Sábese que aconteceu, como os navíos foron perseguidos e afundidos, sábese que alí durmitan embaixo de toneladas de lodo... mais pouco ou nada se sabe con certeza acerca do famoso cargamento de ouro que transportarían. A frota anglo-neerlandesa, corsaria por máis datos, tería decimado a franco-española e afundido sen resmisión á altura, "mutatis mutandis", da actual ponte de Rande. O mesmísimo Xulio Verne, como é sabido, fai alusión a este feito en ...

A fronteira en Saramago

Autor ben querido, sobre José Saramago non habemos de facer cuestión acerca da calidade literaria que a súa obra atesoura. O lector escollerá a súa preferencia, sen lugar a dúbidas, pois a produción é o suficientemente vasta como para ter onde facelo. Quer o Memorial do convento , quer a História do cerco de Lisboa , quer A jangada de pedra , quer A caverna , quer O ano da morte de Ricardo Reis , quer O envangelho segundo Jesus Cristo... todas as súas novelas fan parte do universo totalizador en que o alentexano nos quixo inmiscir para reflexionar sobre as virtudes, pero tamén sobre os enormes defectos do ser humano. Porque, ante todo, Saramago era (ségueo a ser) un filósofo e un humanista. A Saramago dóelle o home en toda a súa magnitude. Onte Xavier Alcalá, na súa colaboración 'A voo de tecla' ( http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/07/22/portunol-saramago/0003_201407G22P19997.htm ) de La Voz de Galicia, incidía sobre un aspecto puramente formal, sociolingüístic...

Feiras do libro: Ribadeo

Seguimos a ter boas noticias das feiras do libro. Entrada ao xardín do saber , que xa fora acollida cun grande interese na que foi celebrada na cidade de Ourense, obtivo unha óptima repercusión, tanto na feira de Ferrol como na posterior de Narón. Onte, 19 de xullo, tivemos ocasión de asinar exemplares na bonita localidade de Ribadeo. Hoxe remata. Mais o balance até o sábado é do máis positivo. O asunto de Hildegart/Aurora Rodríguez Carballeira, aderezado co elemento dun Vicente Risco axexado por un mar de sombras, parece que garda interese para o lector. Agardamos que non decaia, pois veñen aí as seguintes feiras para o mes de agosto: A Coruña, Viveiro e Monforte.  

Hildegart e Risco no Diario Cultural.

O pasado 16 de xullo tivemos ocasión de ser entrevistados para o Diario Cultural da Radio Galega. O motivo, a nosa última novela, "Entrada ao xardín do saber". Ás boas críticas colleitadas até o momento, como as de Vicente Araguas e Ramón Nicolás, debemos agora acrecentar a xenerosa reportaxe feita por Ana Romaní. O resultado do programa xulgámolo do máis satisfactorio, tanto polo tipo de cuestións con que foi levando a entrevista como pola delicada música coa que foi enmarcada. Agradecidos, pois, a Ana Romaní, directora do programa, así como ao resto do equipo polo seu eficiente labor. Velaquí o podcast:  http://www.crtvg.es/rg/podcast/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-16-07-2014-853641#

Día feliz: 100 artigos

Un, que cada vez máis tende a ser desmemoriado, si se lembra polo momento de cando comezou a colaborar para o Diario de Ferrol. O amigo Nicolás Vidal, sendo naquela altura Germán Castro o director do xornal, propuxérame a posibilidade de participar no suplemento Nordesía, o cal continúa a publicarse aos domingos. Cunha pouca de cohibición e medo de non se saber axustar un ao espazo marcado, arrancamos o 16 de maio de 2004 co artigo “As Letras en Ferrol: un signo de normalidade”. A estrea, como cabía esperar, gardaba o non pequeno problema antes aludido. A extensión do escrito excedía o estipulado, de aí a necesidade de facer un segundo artigo para o outro domingo, o cal titulamos “As Letras en Ferrol: breves notas”. O caso é que esta colaboración durou para o Nordesía até o 2 de xaneiro de 2011 en que nos despediamos con  “Clubs de lectura e outros ocios”. Cincuenta foron os artigos escritos para a columna 'Enfiando'. Cincuenta artigos en que foron abordados temas de literatura...